Decembro de 2013
 
 

16/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

O día 19 novo Consello de Goberno

Desta vez non xuntamos a orde do día. O importante é que, nesta reunión segundo parece aprobarase, se non o impedimos, o orzamento da Universidade para o ano 2014. Nese orzamento contemplarase como xa vos dixemos un novo e importante recorte na acción social.

 

  • Noticias relacionadas

 

Ese día corresponde demostrar o noso rexeitamento aos recortes que, sistematicamente realizan no noso colectivo, ao que, non só recortarán salario nos orzamentos da Xunta, tamén a Universidade seguindo as directrices do PP recortaranos nun capítulo tan importante como é a acción social.
 
Temos que mostrarlle ao equipo reitoral que non aceptamos os recortes e apoiar o que os nosos representantes plasmarán na sesión.
 
Posto que a mobilización debe ser unitaria, tanto a Xunta de Persoal como o Comité de Empresa deben ser áxiles na convocatoria da acción.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript