16/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

O caso do xuíz Elpidio José Silva, o mundo ao revés
É o mundo ao revés. O peor de todo, aparte da corrupción que levan no sangue e o desprezo cara a todos os demais que non son poderosos, e a extraordinaria incompetencia. Grave é que rouben e que malversen, pero levar a institucións fortes como Bancaja e Caja Madrid ou Caixa Galicia-Caixa Nova, iso non ten perdón. Deberían ser Blesa, Rato, José Luís Méndez…os perseguidos, por responsables, e non o xuíz Elpidio José Silva.Pero é o mundo ao revés.

 

Tócanos a todos tomar conciencia e actuar en consecuencia
O país vén a ser un inmenso cárcere no que, sen decatarnos, estamos encerrados, na crenza ilusa de que podemos movernos con liberdade. Os carcereiros aplican dende hai tempo medidas cada vez máis restritivas, mentres fan e desfán ao seu antollo co diñeiro de todos, o que tiñan asignado para manter ese "país-cárcere" nas mellores condicións. Hai que espertar deste "mátrix " colectivo que nos aprisiona. Temos que desenmascarar as mentiras e os contos que nos viñan contando, e para abrir o camiño á xustiza "ao dereito", ineludible para endereitar as cousas dunha vez por todas. Como cidadáns, tócanos a todos tomar conciencia e actuar en consecuencia.

Todos/as ao cárcere!
Para unha verdadeira rexeneración social e democrática neste país é necesario e imprescindible que uns cantos elementos con gravata sexan xustamente xulgados, e se deixan de ser presuntos para ser condenados pasen a ocupar un cárcere pequeniña pagado cos seus bens. Eleccións xerais xa. Dimite naniano Rajoy.

A máquina do tempo
Apuntalaron a xustiza, a educación e a sanidade. Van apuntalar a seguridade cidadá. A algúns medios de comunicación fáltalles pouco, dado os problemas impositivos que teñen (Montoro dixit). Os outros medios subvenciónanos mentres lles bailen a auga. O aborto desaparecerá en breve, e non me refiro a algún dos dirixentes do PP, moitos, senón á lei do aborto. Na próxima semana santa e seguintes non se poderá comer carne nin realizar celebracións laicas ou desvergonzadas. A relixión será obrigatoria a partir do curso 2015-16 en todas as etapas educativas incluída a universitaria. En fin que estamos nunha "máquina do tempo" que me fai volver á miña máis tenra infancia. Que gustiño me dá. Voume de exercicios espirituais para me refrescar a memoria non histórica.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript