Decembro de 2013
 
 

16/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

Para a AGDSP as palabras de Feijóo en defensa da sanidade pública son falsas

Ante as declaracións de Núñez Feijoo de que “Se alguén quere defender a sanidade pública, que se poña ao meu carón e que sanidade pública- está blindada mentres estea no Goberno de Galicia”, a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:

 

  • Noticias relacionadas

 

  1. Que estas declaracións son unha burla á opinión pública e profesional, que se desmenten pola realidade que os sanitarios e os usuarios comproban cada día.
  2. O señor presidente carece de toda credibilidade como defensor da sanidade pública dado que foi impulsor das privatizacións sanitarias sempre que desempeñou cargos de responsabilidade sanitaria na administración: Creou as Fundacións Sanitarias en Galicia durante o Goberno de Fraga ou impulsou a Lei  15/97 destinada a transformar os centros sanitarios en empresas de xestión privada desde a presidencia do antigo INSALUD.
  3. Os datos mostran a falsidade destas declaracións froito da preocupación polo éxito da Folga Xeral da Sanidade Galega e das manifestacións en toda Galicia de miles de cidadáns en alianza cos profesionais sanitarios en defensa do sistema público e en contra do seu privatización.
 
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript