Decembro de 2013
 
 

16/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADEUS EUROVEGAS
 

O mafioso Anderson non se implantará en Madrid

Rompeuse definitivamente o proxecto para instalar en Madrid o macrocomplexo de ocio e xogo segundo informaron a Europa Press en fontes coñecedoras das negociación. A empresa deAdelson está a buscar outros destinos. Madia leva!

 

  • Noticias relacionadas

 

En concreto o Goberno nos últimos encontros coa empresa norteamericana trasladoulle a súa negativa a aceptar as condicións que quería impoñer para levar a cabo o macro complexo en Madrid, que pasaba por reverter todo o investimento que realizara, máis as perdidas que se poderían xerar ante un posible cambio normativo.
 
Ante esta situación os interlocutores do Goberno, manifestaron o seu rexeitamento ante unhas condicións que para os representantes de Sheldon Adelson eran innegociables. Segundo as fontes consultadas, as condicións esixidas pola empresa norteamericana foron de última hora e sen precedentes en ningún dos países nos que xa se asentaron
 
Axencias.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript