Decembro de 2013
 
 

09/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  CRISE
 

As políticas capitalistas sitúan 125 millóns de europeos ao bordo da pobreza

Uns 125 millóns de europeos estaban ameazados de pobreza ou de exclusión social en 2012, é dicir uns cinco millóns de persoas máis que en 2011 na Unión Europea (UE), segundo os datos publicados este xoves pola axencia europea de estatísticas Eurostat.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo estas cifras, case un cuarto dos europeos, 124,5 millóns en 2012, enfrontaban polo menos unha das tres formas de exclusión: risco de pobreza (as que viven nun fogar cun ingreso dispoñible inferior ao albor de pobreza), unha situación de privación material severa ou persoas que viven en fogares con moi baixa intensidade laboral.
 
A UE propúxose na súa estratexia "Europa 2020 adoptada en 2010 sacar a unha de cada seis persoas da pobreza, equivalente entón a unhas 20 millóns de persoas.
 
A tendencia vai no sentido contrario. Segundo os datos publicados este xoves, a porcentaxe de persoas afectadas por ó menos un dos tres criterios de pobreza pasou do 23,7 por cento da poboación total en 2008 ao 24,8 por cento en 2012.
 
En 17 dos 28 membros da UE o risco de pobreza aumentou entre 2008 e 2012. En Bulgaria por exemplo case unha persoa sobre dúas está ameazada de pobreza (49,3 por cento). Esta situación tamén se repite, con menor proporción, en Romanía (41,7 por cento) e Letonia (36,6 por cento).
 
En Grecia o risco de pobreza non cesou de aumentar. En 2008 o 28,1 por cento da poboación estaba ameazada de pobreza, en 2011 eran o 31 por cento e en 2012, o 34,6 por cento.
 
No Estado Español, o risco de pobreza pasou de ameazar ao 24,5 por cento dos cidadáns en 2008 ao 28,2 por cento en 2012, é dicir 13,1 millóns de persoas. En Italia pasou do 25,3 por cento ao 29,9 por cento, é dicir uns 18,2 millóns de persoas.
 
AFP

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript