No PASquín anterior informabamos do proceso de funcionarización, prazos e novas situacións nas que se atoparán os compañeiros e compañeiras que se funcionaricen e estean ocupando prazas de grupos superiores aos das que teñen en propiedade. A nova situación sorprendeu a moitos/as compeñeiras/os porque dela non se nos informou nin se tratou de xeito expreso nos cursos de formación.
O pasado día 04 de decembro realizouse unha nova reunión do Claustro Universitario, como en ocasións anteriores aproveitamos que temos diante ao equipo reitoral e aos representantes da Comunidade Universitaria para plasmar os asuntos que máis preocupan ao colectivo. Imos transcribir o que os representantes do PAS reflectiron na sesión.
Un informe técnico encargado en decembro do ano pasado polo Ministerio de Facenda a un grupo de responsables de Función Pública da Administración do Estado, comunidades autónomas e concellos, para analizar o desenvolvemento pendente do Estatuto Básico do Empregado Público, abriu por primeira vez a porta a fixar un procedemento que permita o despedimento de funcionarios de carreira por causas non estritamente disciplinarias.
Galicia é un dos oito territorios onde sube o paro rexistrado, ocupando o cuarto lugar en aumento tras I. Balears (9.012), Cataluña (4.512) e Castilla La Mancha (3.691). No conxunto do estado baixou en 2.475 persoas.
As comarcas de Ferrol en loita, ante unha situación que se está volvendo insostíbel. Despois da significativa mobilización da noite do pasado Venres, 29 de Novembro. De novo as traballadoras e traballadores das comarcas saíron á rúa para protestar e esixir solucións a unha zona deprimida e en declive industrial e social.
Como de un movemento de xadrez se tratara, o recente acordo do Goberno arxentino e Repsol sobre o litixio de YPF, fixo que Pemex pechara a compra do estaleiro Barreras.
Os constantes anuncios da insostibilidade a longo prazo do sistema de pensións públicas preséntanse rodeados dun halo de inmenso rigor que fai crer á xente común que, efectivamente, non poderán gozalas no futuro.
Uns 125 millóns de europeos estaban ameazados de pobreza ou de exclusión social en 2012, é dicir uns cinco millóns de persoas máis que en 2011 na Unión Europea (UE), segundo os datos publicados este xoves pola axencia europea de estatísticas Eurostat.
A condescendencia fiscal que demostra o Goberno do PP para coas rendas máis altas do país, sumado á dureza da presión fiscal que simultáneamente exerce sobre os que menos ingresan, teñen como resultado un significativo aumento da desigualdade social
no Estado Español.
A desigualdade avanza no Estado. O 20% dos contribuíntes máis ricos acapara o 44% dos ingresos, segundo o informe 'A desigualdade en crise: home rico, home pobre' presentado polos Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha).
Para a próxima convocatoria, en vez de rodear o Congreso eu propoñería o rodeo da sede do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX). Tanto se se quere escenificar o rescate da democracia, coma se se pretende apuntar ao Poder con maiúscula, o sitio ao que acudir non é o desvalorizado hemiciclo da Carrera de San Jerónimo, senón máis ben o edificio nobre de Marques de la Ensenada. O seu salón de plenos é por onde pasará boa parte do futuro inmediato deste país.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript