Decembro de 2013
 
 

09/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  GESTHA
 

As políticas do PP aumentan a desigualdade social no Estado Español

A desigualdade avanza no Estado. O 20% dos contribuíntes máis ricos acapara o 44% dos ingresos, segundo o informe 'A desigualdade en crise: home rico, home pobre' presentado polos Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha).

 

  • Noticias relacionadas

 

"Os pobres son máis pobres e os ricos son máis ricos. Non é só unha percepción na rúa, senón que agora está demostrado estatisticamente", segundo José María Mollinedo, secretario xeral de Gestha e autor do informe.
 
Na actualidade, o 20% dos contribuíntes españois máis ricos acapara o 44% de todos os ingresos declarados en 2012, segundo os datos facilitados polos Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) presentados no marco do seu XIII Congreso Anual celebrado en Granada.
 
Este dato contrasta coas rendas declaradas polo 80% restante que, malia ser un número de contribuíntes catro veces superior, apenas acumulou o 56% dos ingresos, o que, segundo Gestha, pon de manifesto a existencia dun alto nivel de desigualdade social e económica. A isto súmase que o 20% dos declarantes "máis pobres" só represente o 6,6% dos ingresos totais.
 
O sindicato de técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) esixiu unha reforma da Axencia Tributaria que "garanta a súa independencia" e acusaron o ministro, Cristóbal Montoro, de estar "a utilizala politicamente". O autor do estudo, José María Mollinedo, explicou que Gestha propón a creación dun novo imposto "sobre a riqueza", que substitúa o actual Imposto de Patrimonio, "que comunidades como Madrid modifican ao 100 por cento".
 
Neste caso, propoñen que se trate dun imposto de carácter estatal e que grave "o total da riqueza dunha persoa", sen que poida "eludir de forma legal" os tributos, xa sexa vía sociedade de investimento de capital variable (SICAV) ou con desgravacións como as que afectan aos membros dos consellos de administración das empresas do IBEX. A proposta é que o Imposto sobre a Riqueza grave "o total da riqueza dunha persoa", independentemente de se ten os seus bens ou a súa capital repartido en diferentes sociedades ou doutras exencións das que poida gozar.
 
Gestha calcula que se poderían recuperar ata 38.500 millóns de euros se se loitase de forma efectiva contra a fraude fiscal de rendas altas e multinacionais, pero que ademais habería que sumar outro 3.400 millóns máis se se gravasen as ganancias das rendas altas que tributan a moi baixo tipo grazas a que se refuxian nas polémicas SICAV ou en sociedades patrimoniais.
 
O aumento da diferenza entre os contribuíntes máis ricos e a gran maioría dos asalariados non só se converteu nunha sensación xeneralizada a causa da crise, senón que tamén se traduciu nunha realidade a pé de rúa, cun aumento espectacular das persoas que viven por debaixo do albor da pobreza.
 
Así, dende que se iniciou a crise a finais de 2007, algo máis de dous millóns de persoas pasaron a vivir por debaixo deste albor, ata os 9,3 millóns, o que supón un 28,8%
máis.
 
Máis datos
 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript