Decembro de 2013
 
 

09/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  DESPEDIMENTO DE FUNCIONARIOS
 

Un informe encargado por Facenda abre por primeira vez a porta ao despedimento de funcionarios

Un informe técnico encargado en decembro do ano pasado polo Ministerio de Facenda a un grupo de responsables de Función Pública da Administración do Estado, comunidades autónomas e concellos, para analizar o desenvolvemento pendente do Estatuto Básico do Empregado Público, abriu por primeira vez a porta a fixar un procedemento que permita o despedimento de funcionarios de carreira por causas non estritamente disciplinarias.

 

  • Noticias relacionadas

 

O comité de expertos, a cuxas conclusións tivo acceso lainformacion.com, insta ao Goberno e comunidades autónomas a desenvolver un procedemento que regule o "cesamento dun posto de traballo obtido por concurso" nos casos en que exista unha avaliación negativa do desempeño do funcionario en cuestión.
 
O posible despedimento de funcionarios, polo tanto, xa non dependería unicamente de cuestións disciplinarias senón tamén do cumprimento dos obxectivos establecidos para o seu posto e da positiva avaliación do seu desempeño profesional.
 
En realidade, o que formula o comité de expertos constituído por Facenda non é outra cousa que dar corpo a un principio que xa se establecía na Lei reguladora do EBEP, aprobada polo ministro Jordi Sevilla en 2007.
 
A exposición de motivos desa lei, aínda pendente de desenvolvemento en moitas das súas disposicións, dicía: "Hoxe resulta xa socialmente inaceptable que se consoliden con carácter vitalicio dereitos e posicións profesionais por aqueles que, eventualmente, non atendan satisfactoriamente ás súas responsabilidades. A continuidade mesma do funcionario no seu posto de traballo alcanzado por concurso débese facer depender da avaliación positiva do seu desempeño".
 
O problema é que na actualidade non existe un sistema regulado de avaliación do desempeño na Administración Pública española. Por iso o comité de expertos subliña que o desenvolvemento deste procedemento debe ir ligado ineludiblemente ao establecemento dun sistema de avaliación do desempeño na Administración Pública española.
 
Garantías para os afectados
Unha pregunta xorde inmediatamente: significa isto que os funcionarios que non superaran o exame de avaliación do desempeño poderían automaticamente ser despedidos? Non.
 
O comité de expertos subliña tamén a necesidade de modular o procedemento para evitar arbitrariedades.
 
Débese definir, por exemplo, de forma moi clara os casos en que se podería cesar un funcionario, os requisitos que se deben reunir para chegar a esta solución ou en que grao ou ámbitos pode darse.
 
Do mesmo modo, habería que deseñar un sistema de garantías para asistir aos afectados, que debería incluír en calquera caso a posibilidade de audiencia por parte do órgano que adoptara a decisión e a esixencia dunha resolución motivada para adoptar a decisión.
 
Ler artigo completo en LaInformacion.com

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript