Decembro de 2013
 
 

09/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisións de servizo e alternativa para o PAS laboral que se funcionarice

No PASquín anterior informabamos do proceso de funcionarización, prazos e novas situacións nas que se atoparán os compañeiros e compañeiras que se funcionaricen e estean ocupando prazas de grupos superiores aos das que teñen en propiedade. A nova situación sorprendeu a moitos/as compeñeiras/os porque dela non se nos informou nin se tratou de xeito expreso nos cursos de formación.

 

  • Noticias relacionadas

A normativa de aplicación ao persoal funcionario ao respecto das comisións de servizo establece que no caso de que un posto de traballo quede vacante poderá ser cuberto, en caso de urxente e inaprazable necesidade en comisión de servizo, de carácter voluntario, con un funcionario que reúna os requisitos establecidos para o seu desempeño na relación de postos de traballo. Estes requisitos son, esencialmente, mesmo grupo e  intervalo de nivel.
 
O procedemento para a cobertura de praza mediante comisión de servizo non crea no colectivo funcionarial excesivas disfuncións porque a RPT está adaptada ás esixencias deste xeito de cobertura temporal. A situación é totalmente diferente no que atinxe ao persoal laboral que se funcionarice. O feito de que as prazas, sen ir máis lonxe, na maioría dos casos estean asignadas, de momento, a un único grupo impide, na práctica, as comisións de servizo. Impídese que, por exemplo, compañeiros/as que tendo a categoría de auxiliar de servizos e estean exercendo un posto de conserxe poidan, cando se funcionaricen, seguir realizado esas funcións porque os postos de traballo están, na RPT, asignados a grupos distintos mentres non se realice a promoción dos auxiliares de servizos ao grupo C2.
 
Diante desta situación entendemos, e así llo faremos chegar este mesmo luns ao xerente, ao Comité de Empresa e Xunta de Persoal, que se deben abordar, antes da toma de posesión, as negociacións que permitan dar unha solución  que non discrimine negativamente aos traballadores e traballadoras da institución.
 
A proposta que trasladaremos ao xerente céntrase en utilizar de xeito puntual, unha figura legal que resolva transitoriamente o problema, como podería ser a asignación temporal de funcións cando así se precise de xeito excepcional, tamén contemplada na lexislación, xa que este procedemento, a diferenza da comisión de servizos, permitiría ocupar temporalmente, postos de categoría superior sempre que se teña a titulación requirida para o desempeño da praza percibindo un complemento adicional que o retribúa . Esta modalidade de asignación temporal xa se utilizou na nosa institución e ven prevista no artigo 66 do RD 364/95 de provisión de postos de traballo do estado, aplicable supletoriamente, podéndose aplicar de xeito transitorio a esta situación.
 
Non pode normalizarse este xeito de asignación de funcións, a súa utilización dadas as circunstancias ten carácter excepcional. Somos conscientes de que se presta a ser utilizada de xeito discrecional, por iso deberán introducirse as salvagardas que eviten esa posible utilización que de ningún xeito queremos. Condicionantes que entendemos se deben establecer no procedemento:
 

  •        Que a utilización deste procedemento  teña como límite temporal o tempo que se tarde en formular os cambios necesarios na RPT que posibiliten a cobertura temporal das prazas vacantes até a súa cobertura definitiva, tralas promocións correspondentes e concurso de traslados.

  •        Que para a cobertura temporal de postos de categoría superior por este procedemento se lles dea prioridade aos novos funcionarios que estean nas listas de agarda creadas a raíz das oposicións e coa preferencia nelas establecidas.

  •        Que a Xeremcia non poida facer ningunha asignación sen o acordo previo coa Xunta de Persoal.

 
Insistimos en que esta posibilidade debe ser pactada de xeito inmediato, antes da toma de posesión, o 8 de xaneiro, para non prexudicar as expectativas de mellora profesional de moitos compañeiros e compañeiras.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript