Decembro de 2013
 
 

09/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ATTAC - José Manuel Morales
 

A banca non pagará impostos durante bastantes anos Fagan xogo, señores!, fagan xogo!, a banca sempre gaña

O papá Estado, esa figura tan deostada pola economía liberal, sae novamente en axuda dos bancos; esta vez mediante o artificio contable dos activos fiscais diferidos (DTAs polas súas siglas en inglés) que fará que os bancos poidan converter as perdidas en ganancias.

 

  • Noticias relacionadas

Moitos poden preguntarse que son os activos fiscais diferidos? y como fará a banca para non pagar impostos?.
 
Os activos fiscais diferidos son impostos que se teñen que recuperar en exercicios futuros, incluídos os derivados de bases impoñibles negativas ou de créditos por deducións ou bonificacións fiscais pendentes de compensar.
 
Nas contas de resultados das empresas e dos bancos, figura o epígrafe "Resultados antes de impostos". Para obter o resultado neto, réstanselle a esta cifra os impostos a pagar. Pois ben, para a banca esta resta converterase en suma a partir da aprobación do Real Decreto Lei de medidas urxentes para a adaptación do dereito español á normativa da Unión Europea en materia de supervisión e solvencia de entidades financeiras. [Ver Referencia do Consello de Ministros, 29/11/2013] En canto aos coñecidos como DTAs (activos fiscais diferidos, polas súas siglas en inglés), o Real Decreto Lei modifica a normativa fiscal do Imposto de Sociedades co obxecto de permitir que poidan seguir computando como capital de primeira categoría, en liña co xa aplicado noutros Estados da Unión Europea. Os DTAs incluídos son as diferenzas temporais por insolvencias, adxudicados e fondos de pensións".
 
Hai que ter en conta, que a normativa para o sector bancario de Basilea III que entrará en vigor en xaneiro de 2014, obriga os bancos a deixar de computar como capital os créditos fiscais; e coa reforma anteriormente indicada poderán seguir computando como capital, iso si, co aval do Goberno. O que supón que o Goberno avala á banca con 30.000 millóns de euros
 
Coa reforma dos activos fiscais diferidos, o banco anotará nos seus balances como activo real o aforro en impostos por pechar en perdas, aínda que o devandito aforro non se producirá de forma efectiva ata que o banco volva obter beneficios netos, xa que son aforros en impostos futuros.
 
É dicir, grazas a este artificio contable dos activos fiscais diferidos, a banca non pagará impostos durante bastantes anos; todo iso, en detrimento da Facenda Pública.
 
A todo isto, hai que engadir o custo do rescate á banca española:
 

Inxeccións de Capital:

87.397 Millóns de euros

Compras de Activos:

67.888 Millóns de euros

Avais do Tesouro:

64.112 Millóns de euros

Avais do Tesouro (DTAs)

30.000 Millóns de euros

Total Rescate á banca:

249.397 Millóns de euros

 
En total, o rescate á banca española supúxolle ao Estado 249.397 millóns de euros, que pagamos todos os cidadáns cos nosos impostos, e que supuxo que a débeda pública se dispare. E que para poder pagala nos recortan a sanidade, a educación, os servizos sociais, as prestacións por desemprego, as pensións...
 
Mentres tanto: Fagan xogo, señores!, fagan xogo!, a banca sempre gaña.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript