Decembro de 2013
 
 

09/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

SOS-Sanidade Pública chama á poboación a mobilizarse os días 9 e 10

“A Plataforma SOS Sanidade Pública chama a toda a poboación galega a apoiar a folga dos traballadores e traballadoras da sanidade contra os recortes, os copagos e a privatización da sanidade pública galega.

 

  • Noticias relacionadas

 

A Xunta de Galicia está desmantelando e privatizando os servizos sanitarios públicos, repartindo as parcelas máis atractivas económicamente entre grupos empresariais afíns, aseguradoras, multinacionais, fondos de investimento, bancos e construtoras.
 
Esta política está poñendo barreiras ao acceso da poboación aos servizos asistenciais obrigando a pagar os medicamentos aos/ás pensionistas, aos/ás pacientes tratados/as nos hospitais por enfermidades graves como o cancro, o mesmo que as próteses, ambulancias ou alimentos especiais. Agora ten previsto que os/as enfermos/as paguen unha parte da asistencia que reciban e que actualmente é gratuíta no momento do uso.
 
Coa coartada de reducir gasto público para pagar bancos e especuladores internacionais a Xunta de Galicia está pechando hospitais, centros de saúde, laboratorios, servizos de ambulancias, reducindo persoal sanitario e precarizando as súas condicións de traballo nos centros sanitarios.
 
Chegou o momento de articular unha grande alianza entre poboación e traballadores/as da sanidade en defensa dunha sanidade pública de calidade e por recuperar o dereito a unha sanidade pública universal accesible e de calidade.
 
Se os/as afectados/as, que somos a maioría social e profesional, non reaccionamos de xeito urxente, deica pouco o desmantelamento e privatización da sanidade pública será irreversible, xa que a Xunta transformaría os centros sanitarios en empresas privadas, recortando o persoal, e obrigándonos a pagar pola asistencia sanitaria.
 
Día 9, ás 11, concentración no Abente y Lago (Coruña).
 
O día 10 de decembro debemos saír manifestarnos en toda Galicia, xunto cos traballadores e traballadoras da sanidade en folga, pola defensa da sanidade pública
 
Non ás privatizacións
 
Non aos copagos
 
Non aos recortes
 
Por unhas condicións laborais dignas do persoal da sanidade
 
Polo acceso universal á sanidade
 
Pola gratuidade das prestacións
 
Por unha sanidade pública de calidade
 
Mobilizacións convocadas para o día 10 de decembro:
 
O Barco Hospital Comarcal. 20h.
 
Ourense Pavillón dos Remedios. 20h.

Burela Hospital da Costa. 20:30h.
 
Vigo Hospital Xeral. 20h.
 
Ferrol Praza de España, Fontenla Maristany. 18h.
 
Lugo Edificio Multiusos Xunta de Galiza. 20h.
 
Pontevedra Porta Principal Hospital Provincial 20h.
 
Santiago Praza Roxa 20h.
 
A Coruña Casa do Mar (Avda do Exército) 20h.
 
Barbanza Centro de Saúde 20h.
 
Monforte Praza de España 20h.
 
O Salnés Porta principal Hospital do Salnés 14h.
 
Cee Porta Principal Hospital Virxe da Xunqueira. 12h.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript