Decembro de 2013
 
 

09/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

Orzamentos

Parece estar pasando desapercibido na universidade pero o proceso de aprobación dos orzamentos da Xunta para o ano 2014 segue o seu trámite. O pleno do Parlamento de Galiza do día 25/11/2013 confirmou que, unha vez máis o PP aplicará o rolo e aprobará un novo recorte no servizo que proporcionamos.

 

  • Noticias relacionadas

 

A transformación da débeda privada en pública, o feito de que entre todas e todos teñamos que facer fronte ao despilfarro e corrupción política xunto coa xestión ideolóxica  da crise que carga todos os efectos da mesma nos traballadores e traballadoras empobrecendo á cidadanía e, de paso, rematando con todo o público para abrir novos nichos de negocio para o capital privado, ten un novo capítulo aberto, a aprobación dos orzamentos da Xunta do ano 2014.
 
O que se está a decidir no parlamento, se non o evitamos, significará un novo recorte nos nosos xa recortados salarios e supoñerá, tamén, un novo recorte no xa recortado, orzamento da universidade.
 
A dispersión das mobilizacións favorece que os gobernos non atendan as nosas reivindicacións é imprescindible unificar as mobilizacións sectoriais no camiño dunha folga xeral nacional.  

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript