Decembro de 2013
 
 

09/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  FERROL E COMARCAS
 

Así, así, nengún paso atrás na defensa da Comarca e do Naval

As comarcas de Ferrol en loita, ante unha situación que se está volvendo insostíbel. Despois da significativa mobilización da noite do pasado Venres, 29 de Novembro. De novo as traballadoras e traballadores das comarcas saíron á rúa para protestar e esixir solucións a unha zona deprimida e en declive industrial e social.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Ferrol e a súa contorna esmorece porque os gobernos queren. Basta xa de enganos e falsas promesas, non poder ser que tanta mentira de gobernos corruptos, tanta farsa, ...a resposta debería ser sostida e adecuada. Resistencia, rebelión e contundencia.
 
A manifestación comarcal, foi un acto reivindicativo e de unión popular ante tanta incompetencia. As palabras de Manuel Rivas que viñeron a unir a denuncia de 'Nunca Máis' coas esixencias dunha poboación farta de tanta falsidade e abandono, viñeron lembrar que a nosa forza reside na razón, na unión e na loita. "O pobo unido xamais será vencido".
 
Unha vez finalizada a manifestación comarcal, os Comités de Navantia de Ferrol e Fene, así como os delegad@s de persoal e comités de compañías auxiliares, pecharon-se no Pazo Municipal de Ferrol. Até o martes, 3 de Decembro, que está previsto que finalice o peche ás 11 da mañá, coincidindo coa convocatoria dunha Asemblea Popular que se celebrará na Praza do Concello, á que asistiran as traballadoras e traballadores dos dous estaleiros. Na Asemblea Popular informara-se do acontecido na xuntanza de Madrid, entre o Comité Intercentros e a Dirección de Navantia, na cal agardaba-se que se presentara o anunciado Plano Estratéxico 2014-2018, hoxe Luns 2 de Decembro.
 

 
A noticia nos medios:

  • Ferrolterra volve clamar por unha solución para o naval | Praza Pública.
  • Un encerro no Concello pon fin á multitudinaria protesta do naval | Diario de Ferrol.
  • Ferrol sae á rúa |Radio Fusión.
  • Ferrol bótase á rúa para esixir solucións ao drama do sector naval | Ferrol 360.
  • Multitudinario apoio de Ferrolterra á manife polo naval e futuro da comarca | SermosGaliza.
  • Multitudinaria protesta contra a morte do naval e de Ferrol | Miles de persoas botáronse á rúa pola falta de traballo no sector | La Voz de Galicia.
Fotos da da galería: A. C. Fuco Buxán
Artigo de: Ártabra 21

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript