Decembro de 2013
 
 

09/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ATTAC - Xavier Caño Tamayo
 

Por se alguén non se decatou de que crise, débeda e déficit son un saqueo

Noticias dun día calquera. O partido do goberno en España rexeita o Imposto a Transaccións Financeiras. O mesmo Goberno impón unha lei de réxime local que suprime servizos municipais imprescindibles para millóns de cidadáns. A ministra de Sanidade contrata a un corrupto imputado para implantar a xestión privada en hospitais do ministerio. Privatizan a auga. As 35 maiores empresas de España pagan 500 millóns de euros menos en impostos aínda que o ano anterior gañaron máis. O Goberno aproba un regalo de 30.000 millóns á banca. O Goberno xustifica que os bancos non dean crédito, porque teñen que velar pola solvencia dos seus clientes. Os pensionistas perderán 33.000 millóns en 8 anos.

 

  • Noticias relacionadas

Máis voltas de rosca na aplicación da reforma laboral. O FMI ameaza con máis "axustes significativos" para reducir a débeda... Sen esquecer a redución presupostaria, os recortes en educación e sanidade, o aumento do paro, da precariedade, a pobreza e a desigualdade... O remate é a nova lei de seguridade cidadá. Moitas protestas sociais serán tratadas como delitos.
 
Louis Brandeis, xuíz da Corte Suprema de Estados Unidos, deixouno moi claro: "Podemos ter democracia ou riqueza concentrada en poucas mans, pero ambas as dúas cousas non". Banca, corporacións, grandes fortunas e Goberno elixiron a riqueza para a minoría. Para eles. Lógrano saqueando a cidadanía. E con represión para impedir a resposta cívica, a acción dos traballadores. Por iso as concentracións fronte ao Congreso, os escraches xunto a vivendas de políticos ou gravar e difundir imaxes de policías en acción serán castigados con multas de ata 600.000 euros. E con penas de prisión de ata catro anos. Sorprendente, porque segundo Gonzalo Moliner, presidente do Tribunal Supremo, os escraches son "un exemplo de liberdade de manifestación". Pero a esta xente non lles importan as liberdades: son obstáculos a derrubar.
 
Como afirma o maxistrado Joaquim Bosch, voceiro de Xuíces para a Democracia, "para o Goberno do PP o cidadán que protesta é o inimigo". E para Margarida Carballos, maxistrada do Tribunal Supremo, esta lei prosegue a vulneración de dereitos propia deste Goberno. Ademais, esgrimir seguridade é un basto pretexto, porque "en España non hai problema de seguridade", afirma Robles. A criminalidade diminuíu regularmente sen cesar nos últimos anos, argumenta. España ten un dos índices de criminalidade máis baixos da Unión Europea, segundo datos do propio Ministerio de Interior. E, se falamos de protestas sociais, hai confrontación coa policía noutros países (Grecia, Italia), pero non en España. O movemento cidadán é pacífico e pacífica é a desobediencia civil.
 
Mesmo a policía critica esa lei. José María Benito do Sindicato Unificado de Policía denuncia que, simulando amparar os policías, a nova norma só protexe "a casta política". Por iso criminalizar protestas fronte aos seus domicilios ou manifestacións fronte ao Congreso. E a Coordinadora de ONG de Desenvolvemento expresa a súa preocupación por unha normativa que considera "delito de integración en organización criminal" convocar unha concentración de protesta por Internet na que puidesen producirse incidentes violentos á marxe da intención e vontade de quen convoca. O colmo é considerar "delito de atentado contra a autoridade" a resistencia activa pacífica. Esta xente encarceraría ao mesmo Gandhi.
 
Teñen unha lóxica totalitaria impecable. Saquear e a conseguinte represión da cidadanía que reacciona contra a pillaxe. Como ben e con lucidez expón Carlos Martínez de ATTAC Andalucía, estamos xa nunha pre-ditadura real e non somos conscientes da gravidade da situación. Atácase o dereito de folga, as liberdades de expresión e manifestación e prepárase unha lei represiva que "permitan ao poder e aos poderosos recortar, privatizar e despedir masivamente, acalando a protesta e oposición cidadás".
 
Ante o rexeitamento social á lei de seguridade, o Goberno di agora que é só un borrador e Rajoy ordenou "suavizala. É posible parala, se a cidadanía se move. E unha reflexión de Luther King para aclarar onde estamos: "Nunca esquezan que todo o que fixo Hitler en Alemaña era legal". Pillan por onde ía o reverendo King? Porque o irrenunciable é a lexitimidade da que este goberno non conserva nin gota. Podemos frear esa lei franquista e tamén o saqueo? Como afirma Mandela, "sempre parece imposible ata que se logra".
 
http://xacata.wordpress.com

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript