Decembro de 2013
 
 

09/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

Nota da AGDSP sobre aprobacion Lei Garatias Sanitarias

O Goberno Galego aprobou, grazas á maioría absoluta, a denominada Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias que fixa un máximo de 60 días de espera para intervencións quirúrxicas e 45 para consultas e probas diagnósticas; posibilita a libre elección de medicos, enfermeira e hospital; a segunda opinión medicas sobre algunhas enfermidades ; posibilidade de manifestar instrucións previas ; e a recibir información sobre dereitos e deberes dos pacientes.

 

  • Noticias relacionadas

 

Deste xeito considera que:

  1. A Lei é innecesaria e un refrito lexislativo, xa que estas medidas están recolleitas en múltiples leis Estatais e Autonómicas.
  2. Pon limite o tempo de espera, que si se supera da dereito a ir a un centro privado (pagado con diñeiro público). A Xunta sabe que os tempos fixados son imposibles de levar á práctica tralos recortes de persoal e da actividade dos centros públicos (en Vigo o 68% dos pacientes espera máis dun ano e o 22,8% máis de dous , cun crecemento do 64% no último año), como consecuencia os centros privados recibiran centos de pacientes a pagar con diñeiro público. Ademais a Lei beneficiará aos enfermos máis ricos que podan pagar as intervencións e esperar a que o sistema devólvallas.
  3. A Libre elección de medico/a xa está recoñecida desde fai anos, a de enfermeira/o atenta contra a estrutura dos equipos en Atención Primaria, e a de hospital en toda a Comunidade Autónoma, impedirá a planificación dos recursos e ten como obxectivo final abrir un mercado sanitario en toda a CCAA, facilitando que os hospitais privados podan conseguir clientes en toda Galicia (pagados cos orzamentos públicos).
  4. O dereito á unha segunda opinión, instrucións previas e información sobre dereitos e obrigas, xa está recoñecido de xeito exhaustiva polo ordenamento vixente.
 
En resumo e unha lei no máis puro estilo de marketing político (para mellorar a imaxe dunha administración deteriorada polos copagos, recortes e privatización), destinada fundamentalmente a favorecer aos hospitais privados concertados e a crear un mercado sanitario público-privado en Galicia
 
ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript