Decembro de 2013
 
 

02/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Traballadores portugueses traballarán máis horas polo mesmo soldo

O Tribunal Constitucional portugués aprobou o martes unha medida gobernamental dirixida a aumentar as horas de traballo semanais de 35 a 40, sen incrementar os salarios, como parte das políticas neoliberais impostas no país.

 

  • Noticias relacionadas

 

Con sete votos a favor e seis en contra, os maxistrados ratificaron a proposta aprobada no verán polo goberno de Pedro Passos Coelho baixo presión da chamada Troika, conformada polo Fondo Monetario Internacional (FMI), o Banco Central Europeo (BCE) e a Comisión Europea (CE).
 
Malia que o Tribunal impugnou anteriormente outras medidas, nesta ocasión decidiu avalar a modificación laboral por considerar que "contribuirá a salvagardar intereses públicos relevantes", destacou Prensa Latina.
 
Non obstante, a medida suscita críticas e rexeitamento por parte de movementos sociais, partidos de esquerda e sindicatos, os cales consideran que se vulneran os dereitos dos traballadores dado que implicará recibir menos remuneración por hora traballada.
 
A capital, Lisboa, amenceu o martes pasado no medio de protestas cidadás contra os recortes sociais contemplados nos presupostos para 2014, feito que prevé un mes quente repleto de mobilizacións.

Cidade CCS

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript