Decembro de 2013
 
 

02/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  CRISE
 

A malnutrición nos bebés, un dos efectos da crise

Cando pensamos na crise de pronto chegan á nosa mente moitos casos de nenos que teñen que alimentarse con calquera cousa. Non é algo novo, xa lle aconteceu aos nosos avós e aos nosos pais, é a necesidade de supervivencia fronte á escaseza de recursos. Un enorme problema para moitas familias do estado español a día de hoxe.

 

  • Noticias relacionadas

 

A peor parte lévana os máis pequenos da casa. Este verán, sen ir máis lonxe, liamos un informe sobre a cantidade de pequenos de determinadas zonas do Estado que non inxiren a cantidade correcta de vitaminas nin nutrientes para o seu correcto desenvolvemento, estamos polo tanto ante un grave problema que debemos solucionar?
 
Efectos contrarios ante un mesmo problema
O último informe sobre o Fomento de Estudos Sociais e Socioloxía Aplicada, recoñece que só un 2% dos habitantes do noso Estado, admite pasar fame. Non obstante, case un 20% non consegue levar unha correcta alimentación polos problemas económicos que atravesan.
 
É por iso que moitas organizacións sociais se afanaron para lanzar campañas do Nadal co fin de concienciar á poboación do importante que é, primeiro, non tirar comida e segundo, doar parte aos bancos de alimentos para que outros poidan facer uso de produtos non perecedoiros que nos sobren ou que poidamos achegar de forma libre.
 
Non obstante, hai un contrapunto interesante que debemos analizar: a obesidade. E é que, a mala alimentación que se ven obrigados a levar moitos fogares, xerou problemas de obesidade entre os máis pequenos da casa, sobre todo en países como Estados Unidos e México, segundo datos que manexan os expertos.
 
Calorías fronte a comida saudable
O feito de que se estea a desenvolver máis poboación que sofre obesidade non quere dicir que non haxa falta de alimentos dispoñibles, en realidade o que evidencia é que os fogares están a apostar por unha inxestión desproporcionada de calorías, fronte a unha dieta saudable.
 
Acción contra el hambre é unha das organizacións trata de concienciar á xente do problema e solucionalo, na medida do posible. Os seus datos non enganan: de 2008 a 2012 o número de familias que non poden afrontar gastos imprevistos aumentou dun 28 a un 40%, e todo parece indicar que este ano, seguirá aumentando a cifra.
 
Mamá teta

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript