Número 210- 02 de decembro de 2013
 
 

UNIVERSIDADE

Información sobre a toma de posesión do persoal laboral que se funcionariza nesta primeira convocatoria

    Como vos indicamos o venres, día 29 reuniuse a Comisión de Funcionarización. Segundo sabemos o procedemento será como segue.

UNIVERSIDADE

    O día 26 realizouse un novo Consello de Goberno que, como sempre, aproveitamos para plasmar as preocupacións do colectivo de PAS. Pasamos a informar das cuestións tratadas e que máis nos afectan.

UNIVERSIDADE

    A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) ven de publicar o estudo “La Universidade Española en Cifras 2012”. Esta publicación non fai máis que reflectir a precaria situación das Universidades Públicas de Galiza. Ao noso redor tanto a sanidade que convoca folga os días 9 e 10, a educación non universitaria que xa leva varios días de folga fai pouco tempo fan que a universidade que presta, tamén un servizo básico á sociedade fique, a estas alturas como unha illa na que pouco ou nada se move.

AS ALEGRÍAS DE MONTORO

    Despois das tonterías que dixeron, tanto el como os seus compañeiros de goberno e de partido, sobre os traballadores e traballadoras da Administración Pública para xustificar os sucesivos recortes que nos realizaron sae agora dicindo que “Cre que os funcionarios levan anos sendo maltratados nas súas condicións laborais e salariais” e anuncia que se nos devolverá “inmediatamente” un día de libre disposición (moscoso). Sacade o cava, adiantouse o Nadal.

LOMCE

    Xa vos explicitamos en máis dunha ocasión a nosa oposición á lei da WERGOÑA, O día 28 de novembro consumouse o que fai máis dun ano se ven preparando, o Congreso de Madrid ratificou cos votos do PP e UPN a LOMCE. De novo a maioría política impón os seus criterios ideolóxicos a toda a sociedade traducidos, neste caso nun novo recorte que afectará ao acceso e á calidade dun dereito elemental como é o da educación.

SANIDADE PÚBLICA

    O vindeiro martes 10 de decembro levaranse a cabo mobilizacións en todas as localidades nas que hai un centro hospitalario.

QUEN DIXO CRISE

    O Estado Español ocupa o quinto lugar da UE con máis directivos da banca millonarios, con 100, por detrás de Reino Unido, Alemaña, Francia e Italia . Ademais, o soldo medio deste centenar de banqueiros (2,16 millóns) é o segundo máis alto de Europa, só superado por Chipre

INTERNACIONAL

    O lume foi provocado por traballadores furiosos ante a noticia da morte dun empregado por disparos da Policía. O téxtil, o sector máis importante no país asiático, encóntrase revolucionado tras as recentes revoltas obreiras que esixen salarios dignos e melloras laborais ás fábricas que na súa maioría exportan roupa para grandes marcas occidentais.

INTERNACIONAL

    O Tribunal Constitucional portugués aprobou o martes unha medida gobernamental dirixida a aumentar as horas de traballo semanais de 35 a 40, sen incrementar os salarios, como parte das políticas neoliberais impostas no país.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Cóntame un bo amigo, José Manuel: o verán pasado, de volta de vacacións, encontrou na caixa de correo unha carta que non entendeu ben. Axiña recibiu unha chamada que llo aclaraba:

   UNIVERSIDADE

    Días inhábiles
    Resolución de 27 de noviembre de 2013, de la Secretaría de Estado de Administraciones Públicas, por la que se establece el calendario de días inhábiles en el ámbito de la Administración General del Estado para el año 2014, a efectos de cómputos de plazos.
    PDF (BOE-A-2013-12490 - 2 págs. - 242 KB)
    Otros formatos


    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O día 4 de decembro realizarase unha nova reunión ordinaria do Claustro Universitario, xuntámosvos a orde do día da convocatoria e, como sempre, se tedes algunha cuestión que consideredes importante que plasmemos na reunión podedes poñervos en contacto connosco para que a transmitamos.
 STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA
    O día 8 de outubro, a cidadanía da Coruña detivo o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés. O día 27 de novembro, mes e medio despois, cun desleixo que roza o insulto e confirma a irresponsabilidade das institucións que pagamos uns moitos e que son a leira duns poucos (da igual a "cor" política) Elisabeth Sanlés está na rúa, sen solución, sen teito e coa ameaza real de perder aos seus fillos.
 ENSINO PÚBLICO
    Ao Director do IES da ILLA de AROUSA, Afonso Malvido, vén de abrírselle un Expediente Disciplinario por desobedecer as ordes da autoridade educativa. O motivo oficial de incoarlle expediente está na postura de comezar o curso un día máis tarde, decisión apoiada polo conxunto do profesorado e co respaldo do resto da comunidade escolar.
 SECTOR NAVAL
    Os traballadores do sector naval da comarca de Ferrolterra, manifestáronse diante do Parlamento de Galicia. O sector naval ferrolán din, está sen carga de traballo. Os estaleiros de Vigo e Marín exceptuando Metalships e Armón están paralizados. Cal é a razón, de que estiveran en Compostela os traballadores ferroláns, e non os do naval de Pontevedra? É evidente que aquí hai gato pechado.
 A LEI MORDAZA
    Xa fai tempo que ao Ministro Gallardón lle caeu a carauta de “progre” que lle regalara no seu día El País. O Ministerio de Xustiza do PP está a traballar no que sería despois de aprobada no Parlamento, a Reforma do Código Penal. Os cambios previstos están en consonancia coa necesidade do réxime de incrementar os mecanismos represivos contra @s traballador@s e a disidencia.
 CRISE
    Cando pensamos na crise de pronto chegan á nosa mente moitos casos de nenos que teñen que alimentarse con calquera cousa. Non é algo novo, xa lle aconteceu aos nosos avós e aos nosos pais, é a necesidade de supervivencia fronte á escaseza de recursos. Un enorme problema para moitas familias do estado español a día de hoxe.
 ECONOMÍA
    Os últimos datos oficiais coñecidos, tanto do Banco de España como do Ministerio de Facenda, poñen de manifesto unha paradoxal realidade: os resultados das empresas, en liñas xerais, melloraron substancialmente no que vai de ano, pero pagan menos impostos ao Estado.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    O Ministerio de Economía respóndelle á estudante que a súa documentación ten un “defecto”: está en galego, e o Goberno só acepta escritos “en español o en inglés”
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      LEI DE SEGURIDADE CIDADÁ

       
        SEN PALABRAS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript