Decembro de 2013
 
 

02/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Información sobre a toma de posesión do persoal laboral que se funcionariza nesta primeira convocatoria

Como vos indicamos o venres, día 29 reuniuse a Comisión de Funcionarización. Segundo sabemos o procedemento será como segue.

 

  • Noticias relacionadas

O día 7, o xerente cesará, mediante unha resolución, a todos os aprobados nas probas selectivas para a execución do proceso de funcionarización de persoal laboral fixo, sendo nomeados funcionarios de carreira con efectos do día 8. Aínda así, estes compañeiros/as dispoñen de tres días (8, 9 e 10) para formalizar a toma de posesión sen que isto afecte á súa antigüidade como funcionarios que contará, para todos, dende o día 8. Segundo se nos indicou, a toma de posesión realizarase na Reitoría.
 
As persoas que aprobaron e non tomen posesión nos 3 días establecidos ao efecto, enténdese que non optan á condición de funcionario e permanecerán como persoal laboral fixo no seu actual posto de traballo (a Comisión considera que xa non teñen a posibilidade de funcionarizarse). Desta circunstancia queda excluído o persoal que se atope de baixa por enfermidade, maternidade ou paternidade, vacacións, ou outro permiso laboral que teña concedido, que nese caso tomarán posesión ao incorporarse ao traballo.
 
En adiante, ao novo persoal funcionario seralles de aplicación a normativa funcionarial polo que se verán modificadas algunhas situacións, especialmente no persoal de conserxarías pois non poderán manter as comisións de servizos os auxiliares de servizos que agora están en postos de conserxe, dado que non pertencen ao mesmo grupo no que se encadran os conserxes.
 
2ª convocatoria de funcionarización, segundo se nos sinala, unha vez que se remate este primeiro proceso, en xaneiro, sentaranse de novo para tratar este tema, a intención parece que é agardar a que rematen todos os procesos selectivos porque segundo indican quedan poucos sen finalizar. Deste xeito, para este proceso xa teremos outro Comité de Empresa.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript