02/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Golpe de pazo
Existe un tipo de golpe de Estado, coñecido como golpe de pazo, no que non é necesario sacar os tanques á rúa. Nese caso, dende dentro do sistema cámbianse as leis, acérnanse liberdades, castígase os que se opoñen. Hoxe en España os fascistas depuraron a forma de dar un golpe. Xa non son necesarias as tropas na rúa, simplemente conseguen unha evolución do que se tiña por democracia, cara a posturas abertamente ditatoriais, intentando á súa vez perpetuar o réxime xurdido do "golpe de pazo", mediante pucheIrazos electorais, estados de excepción ou calquera outra triquiñuela ilegal. Seguramente os organismos económicos defensores do capitalismo radical como o FMI, non verían con malos ollos eses cambios, sempre que se garantise a docilidade do goberno.

Golpe brando
ZP confesou claramente que a UE, ou mellor dito, o BCE patrocinou un golpe de Estado brando, menos espectacular que en Grecia e Italia, pero igualmente efectivo. Despois diso, cando un Banco Central que nin sequera está baixo control do Estado nacional, fixa as políticas económicas e sociais, ordena reformas laborais e se permite o luxo de ameazar aos políticos electos, isto da "democracia" queda como unha farsa.

Votar non fai democracia en si mesmo
Da democracia liberal xa só quedan as formas máis cosméticas do parlamentarismo. España vaise gobernar igual que unha empresa privada. Ao que levanta a cabeza no curro, bótaselle á rúa. E en política, o que levanta a cabeza vai ir ao caldeiro. Garánteo o señor ministro de interior coa súa lei de "seguridade". Autocracia económica compasada cunha progresiva autocracia política. Iso si, seguirá habendo simulacro electoral. Ata con Franco había plebiscitos, pseudoeleccións a "Terzos" familiares nas Cortes e eleccións sindicais. Votar non fai democracia en si mesmo.

Os nosos vimbios
A cousa comezará a cambiar cando se saia á rúa por centos de miles, é moi evidente. Está por ver que iniciativa é capaz de conseguir tamaña proeza cando nin rematar coa sanidade, a educación e os dereitos sociais o conseguiron. A xulgar polo éxito de anteriores convocatorias conseguiranse algúns titulares e pouco máis, aínda que doia. Se as chamadas á mobilización cidadá non funcionan haberá que pensar outra cousa, ben din que é de necios facer o mesmo unha e outra vez e esperar resultados distintos. Ou quizais teñamos que adoptar a máxima do noso ínclito presidente "Na vida todo é resistir".
Franco dixo que deixaba todo "atado e ben atado". Cada vez estou máis convencido de que non se refería aos plans sucesorios, senón ao país que deixaba, poboado polos covardes, os delatores, os seus propios acólitos e os fillos de todos eles. O resto, aqueles dos que podía esperarse algo, xacían en cunetas ou vivían fóra de España. A mesma táctica de exterminio que tan bos resultados deu historicamente, dentro e fóra de España. Estes son nosos vimbios, que ninguén se espante.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript