Decembro de 2013
 
 

02/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A realidade da universidade pública galega

A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) ven de publicar o estudo “La Universidade Española en Cifras 2012”. Esta publicación non fai máis que reflectir a precaria situación das Universidades Públicas de Galiza. Ao noso redor tanto a sanidade que convoca folga os días 9 e 10, a educación non universitaria que xa leva varios días de folga fai pouco tempo fan que a universidade que presta, tamén un servizo básico á sociedade fique, a estas alturas como unha illa na que pouco ou nada se move.

 

A descapitalización das Universidades Públicas de Galiza reflíctese nas transferencias correntes por alumno que, segundo o estudo, no curso 2010-2011 situáronse en Galicia nuns 5.057 euros, unha cifra case 800 euros inferior á media das universidades presenciais, con 5.830 euros, e só por encima de Estremadura (4.478), Baleares (4.763), e Murcia (5.046). Á cabeza figuran o País Vasco e A Rioxa, que superan os 8.600 euros por alumno matriculado en primeiro e segundo ciclo e grao.
 
Os múltiples apartados onde se fai constar: “No incluye información de la Universidad de La Coruña”.
 
Faise constar no estudo que “Algunhas comunidades autónomas cobren a case totalidade da súa oferta de prazas con estudantes procedentes da propia área xeográfica, como é o caso das comunidades autónomas insulares (co 98% de estudantes provenientes das illas). Pola contra, Castela e León, La Rioja, Galicia e Madrid poden considerarse comunidades receptoras de estudantes procedentes doutras comunidades autónomas, cuxo número alcanza máis dunha terceira parte do total.” O que evidencia a necesidade de dotarse de residencias universitarias para acoller aos alumnos que desde outras zonas do estado ou de outros lugares de Galiza se trasladan a estudar na UDC.
 
O estudo destaca que “Na investigación básica, o 91% do financiamento ten unha orixe pública; no caso da UNED esta proporción elévase ata o 97,7%.
Non obstante, para a investigación aplicada a orixe privado representou unha maioría no cómputo global de a devandita modalidade, alcanzando o 70%, e sendo algo máis acentuado en comunidades como Murcia ou Galicia (90% e
86,1%, respectivamente), e menos noutras como La Rioja (74% y 55,6%).”
Os dereitos recoñecidos da actividade de I+D+i no ano 2010 alcanzaron os 81.920.400€ situando ás Universidades galegas no quinto posto do ranking
 
A distribución do PDI por idades en Galiza é unha das máis avellentadas sendo a porcentaxe: Até 40 anos o 15,7%. De 41 a 50 anos o 36,8%. Más de 50 anos o 47,6%.
De continuar o recorte na taxa de reposición, a curto e medio prazo esta situación será cada vez máis preocupante tanto para a calidade como para a posibilidade de dar a docencia de calidade que se pretende.
Outro aspecto salientable neste apartado é que a porcentaxe de profesorado doutor repecto do total de PDI alcanza o 72,1% a porcentaxe máis alta entre as universidades presenciais do Estado Español.
 
O PAS das Universidades Públicas de Galiza  distribúese do seguinte xeito: Funcionario: 54,5%. Laboral 45,5%. Número total de traballadores/as 2.727
 
Porcentaxe de PAS entre profesorado equivalente a tempo completo nas universidades públicas galegas, en porcentaxe. Curso académico 2010/2011: 56,66, un ratio dos máis curtos do Estado.
 
A proporción do gasto en Capítulo I respecto do total do gasto corrente supón o 76,6%, a sétima menor do estado.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript