Decembro de 2013
 
 

02/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  QUEN DIXO CRISE
 

100 banqueiros españois gañan máis dun millón ao ano

O Estado Español ocupa o quinto lugar da UE con máis directivos da banca millonarios, con 100, por detrás de Reino Unido, Alemaña, Francia e Italia . Ademais, o soldo medio deste centenar de banqueiros (2,16 millóns) é o segundo máis alto de Europa, só superado por Chipre

 

  • Noticias relacionadas

 

O Estado Español ocupa os primeiros lugares da Unión europea en taxa de paro, pero iso non lle impide estar na vangarda das estatísticas de riqueza. Persoal, iso si. E é que o noso país é o quinto país da Unión Europea con maior número de directivos de banca millonarios, 100 en números redondos, por detrás de Reino Unido (onde hai 2.714), Alemaña (212), Francia (177) e Italia (109). Estes datos recóllense nun estudo publicado este venres pola Autoridade Bancaria Europea (EBA, polas súas siglas en inglés) con cifras de 2012.
 
A remuneración media dos 100 banqueiros españois que máis cobran situouse en 2,16 millóns de euros por persoa, a segunda máis alta da UE, só superada por Chipre (2,2 millóns de media para tres directivos millonarios). Está amplamente por enriba da dos altos directivos alemáns (1,55 millóns anuais), franceses (1,56 millóns), italianos (1,65 millóns) e británicos (1,95 millóns).
 
Dentro do grupo de directivos millonarios españois, 37 traballan na banca de investimento (cunha remuneración media de 1,79 millóns), 16 na banca minorista (2,18 millóns) e 47 noutras áreas de negocio (2,46 millóns).
 
Os bonus e outros tipos de remuneración variable representan o 58% do salario total dos banqueiros millonarios españois, de acordo co informe. O 53% desta remuneración variable págase ademais de forma diferida.
 
O 1 de xaneiro de 2014 entra en vigor a norma que impón un tope aos bonus dos directivos bancarios. De acordo con esta regra, os bonus dos banqueiros non poderán superar a contía da remuneración fixa. Só se os accionistas do banco o autorizan, os bonus poderían chegar a un máximo do dobre do salario. O obxectivo destes topes é evitar que os banqueiros asuman riscos excesivos a curto prazo, que segundo Bruxelas están na orixe da crise financeira.
 
http://www.informacionsensible.com/news/1230/Qui_n_dijo_crisis_100_banqueros_espa_oles_ganan_m_s_de_un_mill_n_al_a_o/

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript