Decembro de 2013
 
 

02/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  AS ALEGRÍAS DE MONTORO
 

Montoro levántase xeneroso: "Imos darlles algunha alegría aos funcionarios"

Despois das tonterías que dixeron, tanto el como os seus compañeiros de goberno e de partido, sobre os traballadores e traballadoras da Administración Pública para xustificar os sucesivos recortes que nos realizaron sae agora dicindo que “Cre que os funcionarios levan anos sendo maltratados nas súas condicións laborais e salariais” e anuncia que se nos devolverá “inmediatamente” un día de libre disposición (moscoso). Sacade o cava, adiantouse o Nadal.

 

  • Noticias relacionadas

Isto foi o que adiantou Montoro o pasado luns nos Almorzos Informativos de Europa Press, onde indicou que chegou o momento de empezar a recoñecer o esforzo "tan importante" que realizaron os funcionarios de "todas as administracións públicas" para saír da crise.
 
"Imos darlles algunha alegría", dixo o ministro, despois de que os funcionarios sufrisen varias rebaixas de soldos e a supresión de tres días de libre disposición ao longo da crise económica.
 
Róubannos o salario, impoñen taxas de reposición de cero, acaban coa administración pública e cos dereitos da cidadanía e queren que demos saltiños de alegría anunciando que nos devolven un moscoso?. Tómannos por tont@s!. O dito, sacade o cava.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript