Decembro de 2013
 
 

02/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  LOMCE
 

Aprobada a LOMCE no Congreso

Xa vos explicitamos en máis dunha ocasión a nosa oposición á lei da WERGOÑA, O día 28 de novembro consumouse o que fai máis dun ano se ven preparando, o Congreso de Madrid ratificou cos votos do PP e UPN a LOMCE. De novo a maioría política impón os seus criterios ideolóxicos a toda a sociedade traducidos, neste caso nun novo recorte que afectará ao acceso e á calidade dun dereito elemental como é o da educación.

 

  • Noticias relacionadas

 

Resumo do Calendario de implantación. (Disposición final quinta)
 
1. Educación Primaria implantaranse para os cursos primeiro, terceiro e quinto no curso escolar 2014-2015, e para os cursos segundo, cuarto e sexto no curso escolar 2015-2016.

2. Educación Secundaria Obrigatoria implantaranse para os cursos primeiro e terceiro no curso escolar 2015-2016, e para os cursos segundo e cuarto no curso escolar 2016-2017.
 
3. Bacharelato implantaranse para o primeiro curso no curso escolar 2015-2016, e para o segundo curso no curso escolar 2016-2017.
 
4. O primeiro curso dos ciclos de Formación Profesional Básica implantarase no curso escolar 2014-2015. O segundo curso dos ciclos de Formación Profesional Básica implantarase no curso escolar 2015-2016.
 
5. Os ciclos formativos de grao medio da Formación Profesional implantaranse unicamente ao inicio dos ciclos, no curso escolar 2015-2016.
 
6. O acceso e admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao

  1. Os que accedan con anterioridade ao curso escolar 2017-2018 deberán ter superado a Proba de Acceso á Universidade
  2. Os que accedan no curso escolar 2017-2018 ou en cursos posteriores deberán cumprir os requisitos indicados no novo artigo 38 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio.

 
Faise imprescindible a realización dunha mobilización global, unha folga xeral que de resposta ao ataque a todos os nosos dereitos que o PP exerce desde que asumiu o goberno. Cada día é menos racional que a sanidade vaia por un lado, a educación por outro.... É unha obriga aglutinar as loitas, a resposta debe ser conxunta.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript