Decembro de 2013
 
 

02/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN . Isaac Rosa
 

Compravenda de almas

Cóntame un bo amigo, José Manuel: o verán pasado, de volta de vacacións, encontrou na caixa de correo unha carta que non entendeu ben. Axiña recibiu unha chamada que llo aclaraba:

 

  • Noticias relacionadas

 

-Bos días, son o demo. Infórmolle que dende agora a súa alma perténceme.
 
-Pero como? Se eu lla vendera xa a outro demo.
 
-Si, pero ese demo revendeuma. Compreina, agora é miña. Perténceme.
 
-E se non estou de acordo?
 
-Non o chamo para pedirlle o seu consentimento, só para informalo. É un feito: a súa alma xa é miña.
 
-E isto é legal?
 
-Por suposto. Léase ben a carta que lle enviei. Ou se prefire, busque o contrato polo que no seu día vendeu a súa alma, e lea a letra pequena. Se lle quedan dúbidas, saiba que a operación está amparada pola Lei de Almas, fíxese no artigo 149.
 
-Pois que ben.
 
-Espere, hai máis: debe pasar pola miña oficina para formalizar o cambio de demo. E como agora a súa alma é miña, necesita abrir unha conta comigo, para domiciliar os recibos mensuais.
 
-Pero eu xa teño conta aberta con outro demo, non necesito máis.
 
-Xa. Pero se non o fai, vaille saír máis caro. Enténdao: dende agora eu son o seu demo.
 
Como José Manuel comprobou, a operación é perfectamente legal. E descubriu que o seu caso é moi común: cada vez máis cidadáns reciben unha chamada similar e descobren que a súa alma, que no seu día venderon ao demo, foi revendida sen o seu consentimento a outro demo.
 
No caso do meu amigo, a cousa non vai máis alá do mosqueo por este comercio. El encóntrase ao día cos recibos, polo que está tranquilo. O que sucedeu é que o seu novo demo comprou 66 (número case diabólico) oficinas dun deses diablejos que foron nacionalizados e que agora, torados, véndense ao mellor ofertante: chega alguén e compra a bo prezo oficinas enteiras, cos seus traballadores, clientes e activos, almas incluídas.
 
En peor situación están aqueles cidadáns que, tendo dificultades para seguir pagando, viron como as súas almas cambiaban tamén de mans. Os demos españois estanse a desfacer das almas máis problemáticas, as xa condenadas, e véndenas con grandes descontos a demos aínda máis cobizosos: fondos de investimento estranxeiros (os famosos voitres); ou mesmo fondos especializados na xestión de non pagamentos (unha especie de cobrador do frac do mundo financeiro).
 
Co teu demo de toda a vida, aínda podías intentar negociar un refinanciamento, unha ampliación de prazos, un período de carencia. Co novo dono da túa alma, despídete. No mellor dos casos quizais poidas aproveitar o desconto con que a comprou, para facerlle unha oferta e quedar con ela, pero en moitos casos rematarate desafiuzando e quedando con ela, ou executando as garantías e avais (unha nómina, outros bens, ou a alma dun familiar).
 
No último ano, España converteuse nun mercado de almas (hipotecas, por se alguén aínda non o pillou). Miles de almas están a cambiar de mans, os demos nacionais fan paquetes coas que posúen e véndenas a demos estranxeiros que viron unha oportunidade de negocio doado. Os nosos maltreitos demos (e os non tan maltreitos) están a desexar quitarse de enriba o fardo de almas que lastra os seus balances: lixo, chámanas. Así que acaban aceptando descontos enormes (superiores ao 50%, e ata do 90% nalgún caso), de modo que os voitres obteñen lotes tan baratos que, a pouco que logren recuperar unha parte do impagado, sacan beneficio.
 
A min todo este trasfego recórdame a aquela xenial novela de Gógol, Almas mortas, onde o ambicioso Chíchikov convencía aos terratenentes para que lle vendesen baratos os dereitos sobre os seus servos falecidos (as "almas mortas"), e así converterse nun gran propietario. Algo similar está a pasar entre nós: alguén está a comprar a bo prezo todas as almas que encontra. E non só mortas.
 
Concluiremos polo tanto que España se está a converter no paraíso dos demos. É dicir, o inferno.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript