Decembro de 2013
 
 

02/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Información do Consello de Goberno do día 26

O día 26 realizouse un novo Consello de Goberno que, como sempre, aproveitamos para plasmar as preocupacións do colectivo de PAS. Pasamos a informar das cuestións tratadas e que máis nos afectan.

 

Nuria Vieira interveu sobre as seguintes cuestións:
 
Solicitou, una vez mais, que se aboe a parte proporcional da extra en lugar de recorrer en casación, co custo que iso supón, e tendo en conta que, finalmente, todo indica que terán que pagala.
 
O secretario xeral resposta que van recorrer porque de momento poden facelo en casación e porque queren que a Xunta de Galicia entre na demanda como corresponsable.
 
Queixase da falta de información aos órganos de representación da problemática xurdida pola exposición do persoal que prestaba servizos no SAPE ao gas radon, cuxas medicións foron tan altas que foi preciso trasladalos a outro/os edificio/os. Pide que se informe sobre os estudos feitos ao tempo que demanda que se fagan os estudos médicos necesarios ao persoal que está ou estivo traballando nese centro xa que houbo compañeiros/as que estiveron destinados nel hasta 5 anos.
 
O xerente resposta que se estan aplicando os protocolos establecidos nestes casos, supervisados polo Servizo de Prevención de Riscos e que tamén se están realizando os estudos médicos a todo o persoal afectado.
 
Nuria reitera que os temas que afecten á seguridade do colectivo deben de ser informados aos órganos de representación.
 
O xerente resposta que o terá en conta.
 
--------------
Na presentación da memoria de responsabilidade social, Nuria sinalou unha serie de incongruencias, e aspectos que faltaban no texto, sobre todo relativos ao PAS funcionario. A vicerreitora indicou que as propostas de modificación feitas por Nuria serían tidas en conta. (xa o comentara antes de entrar co secretario xeral e díxolle que farían esas modificacións).
 
--------------
Aprobouse o Plan de igualdade de Xénero da UDC. Un alumno propuxo que tamén se elabore un plan sobre a discriminación ou bulling por razón da opción sexual.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript