Decembro de 2013
 
 

02/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Obreiros de Bangla Desh incendian fábrica téxtil que exporta a marcas occidental

O lume foi provocado por traballadores furiosos ante a noticia da morte dun empregado por disparos da Policía. O téxtil, o sector máis importante no país asiático, encóntrase revolucionado tras as recentes revoltas obreiras que esixen salarios dignos e melloras laborais ás fábricas que na súa maioría exportan roupa para grandes marcas occidentais.

 

  • Noticias relacionadas

 

Unha serie de accidentes mortais, como a derruba acontecida en abril dun edificio que matou a máis de 1.100 persoas, foi o detonante das mobilizacións de traballadores e traballadoras do sector, que move miles de millóns de dólares ao ano pero cuxa riqueza queda concentrada en moi poucos petos.
 
No incendio deste venres, que destruíu un edificio de 10 plantas en Gazipur, a 40 quilómetros da capital, Dacca, non houbo mortos.
 
Un fotógrafo de Reuters no lugar relatou que a roupa queimada estaba esparexida polo chan con nomes de marcas como as das cadeas estadounidenses American Eagle Outfitters, Gap ou Wal-Mart Stores. Tamén había roupa doutros marcas como Marks and Spencer, Sears Canada ou Fast Retailing Uniqlo.
 
A fábrica era unha das dez maiores do país, segundo Mohamad Atiqul Islam, presidente da asociación téxtil de Bangla Desh.
 
Uns 18.000 empregados traballaban na fábrica, indicou a Reuters o seu dono, Mosharraf Hossain. Non obstante, a maioría abandonara o complexo pouco antes de que comezase o lume.
 
A última serie de incidentes en Bangla Desh destaparon a explotación laboral á que son sometidos os obreiros tanto por empresas locais como occidentais, así como a complicidade do Goberno do país que durante décadas permitiu a vulneración reiterada de dereitos.
 
LibreRed

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript