Novembro de 2013
 
 

25/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A Universidade recorrerá a sentenza do Conflito Colectivo interposto contra o roubo da paga extra de decembro de 2012

A Universidade recorrerá a sentenza que a obriga á devolución da parte correspondente da paga extra de 2012 que vai dende o 1 de xaneiro de 2012 até o 14 de xullo 2012 así llo anunciou aos representantes dos traballadores/as e así llo fixo saber á Sala de Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

 

A institución, neste caso, no canto de acatar a sentenza e proceder ao pagamento da parte que nela se se sinala ao persoal laboral, e facela extensiva ao persoal funcionario opta directamente polo recurso.
 
A Universidade, con este recurso, non fai máis que retrasar o pago dunha parte da paga extra que se nos debe na súa totalidade e que sabe que seguro terá que proceder a devolvernos.
 
A dobre vara de medir utilizada pola Universidade faise patente unha vez máis. Mentres que segue a pagar o plus de altos cargos, négase a cumprir a sentenza xudicial.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript