Novembro de 2013
 
 

25/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA
 

Nova versión do Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega

Xa está á vosa disposición un novo Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega. É un novo proxecto en liña que recolle o léxico galego contido no Dicionario da Real Academia Galega coa transcrición fonética e a locución da pronuncia correspondente a cada palabra.

 

  • Noticias relacionadas

Esta versión mellorada e ampliada, ademais das voces incorporadas ao dicionario da RAG recentemente, tamén recolle os 1.000 nomes propios de persoa máis frecuentes, 1.500 apelidos galegos, os nomes de todas as comarcas, concellos e parroquias de Galicia, así como varios centos de nomes de ríos, montes e accidentes costeiros. Ademais, a aplicación informática permite realizar buscas por formas fonéticas ou por cadeas de sons.
 
Á presentación deste novo diccionario asistiu o reitor Juan Casares; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director do Instituto da Lingua Galega, Ernesto González Seoane; e o profesor Xosé L. Regueira, director do equipo encargado do desenvolvemento deste dicionario.
 
Galicia Confidencial

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript