Número 209- 25 de novembro de 2013
 
 

UNIVERSIDADE

A Universidade recorrerá a sentenza do Conflito Colectivo interposto contra o roubo da paga extra de decembro de 2012

    A Universidade recorrerá a sentenza que a obriga á devolución da parte correspondente da paga extra de 2012 que vai dende o 1 de xaneiro de 2012 até o 14 de xullo 2012 así llo anunciou aos representantes dos traballadores/as e así llo fixo saber á Sala de Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

UNIVERSIDADE

    Unha vez coñecidos os días declarados como inhábiles a efectos laborais, retribuídos e non recuperables tanto a nivel estatal, como autonómico e local e tendo en conta o establecido na Resolución pola que se reordena o réxime de xornada, horarios de traballo, vacacións e permisos do PAS, confeccionamos o calendario que se xunta.

FERROLTERRA

    O pasado venres arrancou a campaña "FERROLTERRA ESIXE SOLUCIÓNS" e xa comezaron as actividades preparatorias para a noite de defuntos do día 29 de novembro.

PENSIÓNS

    O 9 de novembro, compañeiras e compañeiros da CUT, CNT e CXT manifestáronse en varias cidades galegas en defensa das pensións. O xoves 21 de novembro, as 20:00 horas, realizamos unha nova manifestación en Vigo convocada conxuntamente pola CUT, CGT, STEG, SF-IN e SE. Uns poucos datos axudarannos a ter unha perspectiva cuantitativa fronte ao programa de reforma neoliberal.

ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DENSA DA SANIDADE PÚBLICA

    Ante as noticias de que a Xunta de Galicia elaborou un protocolo remitido ás empresas de ambulancias que se ocupan do transporte sanitario urxente para o traslado dos feridos menos graves de accidentes de tráfico a clínicas privadas, mentres que os de maior gravidade fágano aos hospitais públicos, a Asociación Galega para a Densa dá Sanidade Pública quere comunicar que esta medida supón:

SANIDADE PÚBLICA

    O día 19 a plataforma mantivo unha reunión coa conselleira Rocío Mosquera na que lle reclamaron que a Xunta frease as súas intencións de non asumir o copago de medicamentos de dispensa hospitalaria para enfermos crónicos e de cancro.

ATTAC

    A Campaña ITF apoia a presentación de emendas a favor da inclusión do ITF nos Presupostos Xerais de 2014. Aínda que as emendas foron rexeitadas polo grupo parlamentario Popular no Congreso, insistimos na importancia de que sexan recollidas durante o seu trámite no Senado.

15 M

    O Tribunal Cidadán de Xustiza querélase contra 90 directivos de Caixa Madrid e unha taxadora na primeira dunha serie de demandas contra entidades bancarias implicadas na concesión de préstamos hipotecarios irregulares. A campaña continua o traballo xa iniciado pola querela de 15mParato.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Unha lei de folga? Por suposto: fai falta unha, e con urxencia. Cada ano que pasa é máis necesaria, pois teñen razón o presidente do goberno, a alcaldesa de Madrid ou o presidente da patronal: cada vez máis cidadáns ven afectados os seus dereitos esenciais por non ter unha lei que os ampare, e a falta de lexislación permite os abusos e as prácticas salvaxes. Fai falta unha lei de folga que garanta dereitos, remate cos abusos e poña a cada un no seu sitio.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O día 26 realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno, que, como sempre, aproveitaremos para transmitir e interesarnos polas cuestións que no PAS considermos máis importantes.
    Día 29, Comisión de Funcionarización: para informar sobre calendario de taballo e tratar diversas cuestións relativas á finalización da primeira fase do proceso de funcionarización e toma de posesión do persoal que o supere.
 DITADURA NEOLIBERAL
    Un réxime de excepción (tamén coñecido como estado de excepción ou estado de emerxencia) é un mecanismo contemplan as constitucións de certos países en caso de que un presidente diga que existe algunha situación extraordinaria, como catástrofe natural, perturbación grave da orde interna, guerra exterior, guerra civil, invasión, ou calquera outro perigo considerado grave, coa finalidade de afrontalo axeitadamente. O último estado de excepción decretado no Estado Español produciuse en plena ditadura, no ano 1969.
 PRESTIGE
    Segundo manifestou a plataforma, estamos ante unha sentenza absolutoria sen precedentes no mundo, unha sentenza claramente política, que tapa as responsabilidades do Goberno.
 SECTOR NAVAL
    O asalto ao naval galego ten unha longa tradición iniciada, aló por mediados dos oitenta, por aquel nefasto goberno de Felipe González encargado de desmantelar todo o sector industrial de titularidade pública como condición previa para a entrada de España na UE.
 LOITA OBREIRA
    Despois de trece días continuados de Folga, os traballadores/as do lixo de Madrid acadaron o principal obxectivo fixado ao comezo da loita: a paralización do ERE masivo que supuña o despedimento de máis de mil traballadores/as do servizo de recollida de lixo.
 O ESTADO INTERVIDO
    As reformas en cuestión deben garantir un axuste estrutural permanente adicional de 2.500 millóns de euros, segundo reclamou o vicepresidente da Comisión e responsable de Asuntos Económicos, Olli Rehn.
 LINGUA
    Xa está á vosa disposición un novo Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega. É un novo proxecto en liña que recolle o léxico galego contido no Dicionario da Real Academia Galega coa transcrición fonética e a locución da pronuncia correspondente a cada palabra.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        NOVE ANOS DE PRISIÓN POR METERLLE UN TARTAZO A UN POLÍTICO? A VER SE CHE PAGA MÁIS A PENA TIRARLLE UN CÓCTEL MOLOTOV....

         
          FEIJÓO ASEGURA QUE GALICIA FARÁ OS 'FLOTELES' AÍNDA QUE PERDA O CONCURSO. QUEEEEEEEEE?

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript