Novembro de 2013
 
 

25/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  DITADURA NEOLIBERAL
 

Estado de excepción

Un réxime de excepción (tamén coñecido como estado de excepción ou estado de emerxencia) é un mecanismo que contemplan as constitucións de certos países en caso de que un presidente diga que existe algunha situación extraordinaria, como catástrofe natural, perturbación grave da orde interna, guerra exterior, guerra civil, invasión, ou calquera outro perigo considerado grave, coa finalidade de afrontalo axeitadamente. O último estado de excepción decretado no Estado Español produciuse en plena ditadura, no ano 1969.

 

  • Noticias relacionadas

Un réxime de excepción contempla a suspensión ou restrición de certos dereitos fundamentais. É necesario entender que nos devanditos casos de "excepción" os dereitos dos cidadáns quedan suspendidos parcial ou totalmente.
 
Estamos a padecer os efectos das políticas neoliberais que recortan drasticamente todos os dereitos sociais, laborais e económicos precarizando de xeito xeneralizado a vida de toda a poboación e levando á pobreza máis severa a unha gran parte da cidadanía. Esta circunstancia incrementa en gran medida a contestación social, isto sábeo ben o poder político que con celeridade sae en defensa do “sistema”.
 
Sutilmente estannos a implantar o estado de excepción, a involución nos dereitos e liberdades democráticas é cada día maior, se xa non tiñamos moitas, debido á nula calidade democrática na que viviamos (provocada polo compadreo de partidos políticos e sindicatos maioritarios co poder económico) imos camiño de perdelas todas, como mostra dúas actuacións en marcha.
 
Coa Lei orgánica de seguridade cidadá
, que viola dereitos civís e liberdades políticas fundamentais (o dereito de reunión e manifestación están en perigo) o goberno de Rajoy criminalizará até a resposta máis tibia ás políticas de recortes que sistematicamente se veñen aplicando desde o goberno converténdonos a todas/os en suxeitos da represión máis contundente cando non de multas desproporcionadas.
 
O poder económico e o seu lacaio o poder político sempre pretenderon acabar co dereito dos traballadores e traballadoras a facer folga. Nesta cruzada contra os poucos dereitos que nos quedan e para continuar coa política de recorte de liberdades o sr. Rajoy anunciou estes días que xa encargou aos “expertos” a redacción dunha Lei reguladora dos servizos mínimos, a existencia de servizos mínimos implica xa unha limitación ao dereito de folga, o goberno quere dar un paso adiante e eliminar de raíz o dereito á folga.
 
Video de Galiza Contrainfo sobre a Lei de Seguridade Anti-cidadá
 


 
Este sistema non serve. Temos o dereito e a obriga de nos rebelar contra el.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript