25/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


A propósito da lei de folga
A mellor Lei de Folga é a que non existe, os sindicatos e traballadores deron mostras miles de veces de ser máis responsables que os gobernos e dirixentes empresariais deste país e as excepcións son mínimas.
No fondo o que realmente fai falta é un Goberno que mire polo pobo, respecte os traballadores e mellore as súas condicións de vida. Non como o Goberno actual do PP dedicado a defender os intereses do gran capital, banqueiros, empresarios e políticos e funcionarios de alto nivel. Así nos vai.

Que fagan o que queiran
Que debatan o que queiran, a resposta é clara, non obedecer as súas leis. Que teñan que meter en prisión a xente por facer folga ou manifestarse. Que o fagan diante de todo ese mundo ao que queren seducir para que compre de saldo o que custou xeracións de traballo das traballadoras e traballadores construír e un lustro destruír. Que cando vaian a Europa a presumir se lles vexa como o que son: verdugos e negreiros. Que se decate todo o mundo, os seus amigos os "mercados", de como se consegue a "confianza" na Marca España, a base de multas, porrada e represión.

As rúas énchense, normal.
O que o Sr. Rajoy non parece entender é que miles de persoas " estreáronse" nisto de saír á rúa a protestar dende que el chegou ao goberno, polo que lexislar contra algo que el fomentou pola súa mala e inxusta praxe xestionando a crise cuns recortes tan arbitrarios, soa a CINISMO PURO. A mellor lei de seguridade cidadá sería que este goberno non estivese, así de claro, pero como somos un país democrático con bastantes millóns de inxenuos votando, pois haberá que esperar ás seguintes eleccións, pero imos que se Rajoy e a súa comparsa de cuatreros non des-gobernasen, saqueasen e desplumasen para dárllelo todo aos banqueiros ou se non se mantivesen privilexios fiscais a determinados grupos-estamentais como no medievo, ninguén sairía á rúa. O sentido común, ou do que é e non é XUSTO enténdeo calquera, ata os inxenuos que un día votaron ao PP, pero se isto non acontece, é cando a rúa se enche de xente cabreada, normal.

Non podo máis
Non podo máis, cada día fáiseme máis difícil ver ou escoitar ningún destes monstros que están esnaquizando o noso presente e o noso futuro. O desexo de que non existan cada día é maior. Co fascismo non se pode convivir nin negociar, combáteselle. Pero non só iso, estou a empezar a "culpabilizar" a aquel@s que por comodidade de non querer saber e ver o que nos están a facer e nos queren facer, porque saber e ver doe, están a ser cómplices deles/as, "verdugos" cos demais e con el@s mesm@s. Só espero que cando "esperten" nosoutr@s non esteamos "durmid@s"

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript