Novembro de 2013
 
 

25/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Calendario laboral 2014

Unha vez coñecidos os días declarados como inhábiles a efectos laborais, retribuídos e non recuperables tanto a nivel estatal, como autonómico e local e tendo en conta o establecido na Resolución pola que se reordena o réxime de xornada, horarios de traballo, vacacións e permisos do PAS, confeccionamos o calendario que se xunta.

 

Xunto coa normativa indicada hai que sinalar, tamén, o establecido na Resolución da Xerencia do 17 de xuño de 2013 sobre días adicionais de asuntos persoais durante 2013, na que se outorga un día adicional de asuntos particulares por cada un dos días sinalados no calendario laboral como inhábiles a efectos laborais, retribuídos e non recuperables que coincidan en sábado.
 
Tamén se establece un día adicional de asuntos persoais en substitución do día de inauguración do curso académico pois a inauguración oficial non correspondeu á UDC (foi na USC). Polo tanto, de repetirse esta circunstancia, corresponderá un día adicional de asuntos particulares.
 
Sinalar que, aínda que o día de Santo Tomé de Aquino é o día 28 de xaneiro, martes, comunicóusenos que a festividade, na Universidade, trasládase ao luns, día 27.
 

NORMATIVA APLICABLE:
 
Universidade:

 
Autonómica e estatal:

 
Segundo o establecido anteriormente este sería o Calendario Laboral da Universidade do ano 2014

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript