Novembro de 2013
 
 

25/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  PRESTIGE
 

Nunca Máis presenta recurso de casación contra a sentenza do Prestige

Segundo manifestou a plataforma, estamos ante unha sentenza absolutoria sen precedentes no mundo, unha sentenza claramente política, que tapa as responsabilidades do Goberno.

 

A plataforma cidadá ven demostrar na rúa que a cidadanía galega non traga a impunidade establecida na sentenza, pero tamén reclamará nos tribunais dándolle continuidade á batalla xudicial até esgotar toda a vía xudicial do Estado, ata o Constitucional e despois acudiremos a Europa, ao Tribunal de Estrasburgo.
 
Para canalizar a indignación e a cólera de Galiza, a plataforma habilitará unha conta bancaria para que os cidadáns poidamos realizar as nosas achegas de modo que fagamos nosa esta reclamación ante a Xustiza.
 
O recurso  de Nunca Máis xúntase ao que xa presentou, tamén, a plataforma ecoloxista Arco Iris. Anunciaron, tamén, recursos tanto a Xunta como o Goberno Central estes encamiñados a evadir as responsabilidades políticas e penais dos gobernos e derivar todas as responsabilidade na trama empresarial e o Capitán do buque.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript