Novembro de 2013
 
 

25/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  O ESTADO INTERVIDO
 

O goberno deberá executar novos recortes

As reformas en cuestión deben garantir un axuste estrutural permanente adicional de 2.500 millóns de euros, segundo reclamou o vicepresidente da Comisión e responsable de Asuntos Económicos, Olli Rehn.

 

  • Noticias relacionadas

Os ministros de Economía da eurozona pediron ao Estado Español que acelere e poña en marcha as reformas pendentes, entre elas unha "segunda rolda" da reforma laboral, co fin de garantir o cumprimento do obxectivo de reducir o déficit ao 5,8% do PIB o ano que vén.
 
As reformas en cuestión deben garantir un axuste estrutural permanente adicional de 2.500 millóns de euros, segundo reclamou o vicepresidente da Comisión e responsable de Asuntos Económicos, Olli Rehn.
 
O ministro de Economía, Luis de Guindos, dixo que as conclusións do Eurogrupo deste venres non obrigan a ningún axuste adicional no presuposto de 2014 nin a "ningunha modificación da formulación da política económica española", posto que as reformas xa están previstas nos plans do Goberno.
 
"No caso de España, informóusenos de que se están a preparar medidas baseadas no programa nacional de reformas, incluíndo unha segunda rolda do mercado laboral", anunciou o presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, ao termo da reunión.
 
Os recortes irán a máis, a nosa mobilización debe estar á altura da situación.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript