Novembro de 2013
 
 

25/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

A Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade prepara mobilizacións

O día 19 a plataforma mantivo unha reunión coa conselleira Rocío Mosquera na que lle reclamaron que a Xunta frease as súas intencións de non asumir o copago de medicamentos de dispensa hospitalaria para enfermos crónicos e de cancro.

 

  • Noticias relacionadas

Como era de agardar, a reunión foi absolutamente infrutuosa polo que a plataforma anunciou máis mobilizacións até conseguir que o goberno galego imite a outras comunidades autónomas como Andalucía e Asturias.
 
Sobre a base de criterios de homoxeneización e sostibilidade do sistema sanitario, tratan de impoñer un modelo ideolóxico de sanidade pública baseado en que a sanidade sexa un artigo de luxo só accesible para os petos máis podentes. Queren desmantelar a sanidade pública que é un dereito básico dos cidadáns.
 
Para a plataforma é unha prioridade o mantemento da loita social polo que xa prepara as próximas mobilizacións.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript