Novembro de 2013
 
 

25/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  ATTAC
 

O PP aplica o rolo da maioría absoluta para evitar implantar o Imposto ás Transaccións Financeiras

A Campaña ITF apoia a presentación de emendas a favor da inclusión do ITF nos Presupostos Xerais de 2014. Aínda que as emendas foron rexeitadas polo grupo parlamentario Popular no Congreso, insistimos na importancia de que sexan recollidas durante o seu trámite no Senado.

 

  • Noticias relacionadas

O Imposto ás Transaccións Financeiras é o tema de sete emendas aos Presupostos Xerais do Estado, presentadas polo Grupo Socialista, La Izquierda Plural, Unión Progreso e Democracia e Converxencia i Unió.
 
As emendas están xustificadas na proposta de Directiva da Comisión Europea sobre o Imposto ás Transaccións Financeiras, que aplicarán 11 países da Unión entre os que se encontra España e que debe poñerse en marcha en 2014. Nas diferentes propostas alúdese a unha recadación máis xusta e equitativa, á loita contra a fraude fiscal, e á xeración duns ingresos complementarios imprescindibles para superar a recesión e necesarios para as políticas públicas.
 
Todas as emendas resúmense na petición ao Goberno de presentar nas Cortes Xerais un Proxecto de Lei para a aplicación do ITF en 2014 e a incorporación da súa recadación -prevista en 5.000 millóns de euros- aos Presupostos Xerais do Estado que se están a debater agora.
 
Algúns países, como Italia e Francia, xa asumiron o seu compromiso e xa implantaron impostos especiais ás transaccións financeiras. En Italia comezou a aplicarse o 1 de marzo de 2013, e en Francia, que o implantou en 2012, deuse un paso máis e estase a debater a aplicación dos fondos recadados.
 
Dende a Campaña ITF insistimos na importancia, o interese e a necesidade de facer realidade o compromiso asumido polo Goberno español e na opción aínda aberta de que as emendas presentadas aos PGE sexan recollidas durante o trámite no Senado.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript