Novembro de 2013
 
 

25/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  FERROLTERRA
 

Ferrolterra Esixe Solucións

O pasado venres arrancou a campaña "FERROLTERRA ESIXE SOLUCIÓNS" e xa comezaron as actividades preparatorias para a noite de defuntos do día 29 de novembro.

 

  • Noticias relacionadas

Non hai paliativos para cualificar o estado de Ferrolterra a causa das graves neglixencias do PODERES PÚBLICOS: Unha bisbarra atada historicamente ao Naval por razóns de Estado, é abandoada á súa sorte por ese Estado.
Que nos queiran vender motivos "técnicos" é un novo insulto á intelixencia dos/as ferrolterráns. A realidade é que o Goberno (nos tres niveis: Estado, Xunta, Concello/os) QUERE DESMA...NTELAR o Naval de Ferrol, e por elo estivo todos estes derradeiros dous anos NON-FACENDO.
Que presenten agora algún "chivo espiatorio" é outro insulto máis. O obxectivo é levar ao Naval a un estado que "xustifique" o desmantelamento que queren acometer.
 
MAIS VALE QUE LLE CONTEMOS AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DOS ASTELEIROS CALES SON OS TÉRMINOS REAIS DO QUE AVECIÑA. Porque a realidade é moi dura, e non vai ser posible librar con éxito a batalla se todos/as non somos conscientes da realidade.
 
Tamén informarvos de que xa comezou a funcionar, de maneira definitiva a paxina de facebook, dádelle gostame, curtir ou me gusta:
https://www.facebook.com/ferrolterraesixesolucions
 
e que hai creado un evento para o día 29:
http://www.facebook.com/events/667669199952384/
 
PARTICIPADE
 
Ártabra 21

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript