Novembro de 2013
 
 

25/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  SECTOR NAVAL
 

A CUT cos traballadores de Navantia

O asalto ao naval galego ten unha longa tradición iniciada, aló por mediados dos oitenta, por aquel nefasto goberno de Felipe González encargado de desmantelar todo o sector industrial de titularidade pública como condición previa para a entrada de España na UE.

 

  • Noticias relacionadas

O resultado do peche do sector industrial nacional (INI, Ensidesa, Repsol, Ascón,Telefónica, Repsol, etc), sometido a unha forte campaña de desprestixio previa desde todos os medios do poder que crearon o falso mito da súa improdutividade, coñecémolo todos: a economía española especializouse no turismo e na construción.
 
Este segundo sector foi unha verdadeira cova de Alí Babá nas últimas décadas: banqueiros especuladores, políticos corruptos e empresarios depredadores aliáronse para explotar aquela xigantesca burbulla inmobiliaria mentres duraron os beneficios. Cando a burbulla estoupou, as perdas foron socializadas mediante o chamado banco mau.
 
Ferrol foi a vila que máis sufriu estas políticas dos sucesivos gobernos madrileños, para os cales os galegos e galegas teríamos, coa entrada na UE, unha gran oportunidade para potenciar o noso sector estratéxico por excelencia: a emigración. Así, esta cidade perdeu nos últimos trinta anos un terzo da súa poboación, e hoxe, co peche técnico de Navantia propiciado polo total desinterese e submisión dos políticos españois ás políticas da UE, a situación torna dramática.
 
A mobilización e a Folga son as únicas ferramentas das que dispoñen os traballadores e traballadoras dos estaleiros ferroláns para reverter esta situación, esixindo carga de traballo e responsabilidades políticas pola ineptitude e desinterese manifesto dos gobernos galegos e español polo futuro do sector naval galego.
 
Viva a loita obreira!

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript