Novembro de 2013
 
 

18/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  AQUÍ TAXAZO
 

Francia elimina as taxas xudiciais

A partir de xaneiro de 2014, os franceses poderán acceder de forma totalmente gratuíta á Xustiza pois o seu goberno decidiu suprimir a taxa xudicial de 35 euros para as persoas físicas que o anterior Executivo conservador, presidido por Nicolas Sarkozy, impuxo por lei.

 

  • Noticias relacionadas

A decisión, impulsada por Christiane Taubira, ministra de Xustiza do gabinete do socialista François Hollande, obedece, en palabras de Taubira, ao obxectivo de eliminar unha disposición que "penalizaba as persoas máis vulnerables e restrinxía o seu acceso á Xustiza", un dereito fundamental recoñecido pola Constitución francesa.
 
Tamén a Carta Magna española inclúe no primeiro punto do seu artigo 24 o que se recoñece como un principio inalienable: o dereito a ser tutelado de forma efectiva pola Xustiza, un dereito que, segundo denunciaron asociacións profesionais de avogados e xuíces, se viu menoscabado pola aplicación da Lei de Taxas Xudiciais (lei 10/2012) impulsada polo ministro Alberto Ruiz-Gallardón, de cuxa aprobación se cumpre un ano o próximo 20 de novembro.
 
La Marea

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript