Novembro de 2013
 
 

18/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Máis subemprego na Universidade da Coruña

Por unha intervención da deputada Rosana Pérez (BNG), nunha pregunta realizada ao Ministerio de Educación para saber por que razón enviou unha circular ás Universidades para cubrir prazas laborais para xestionar a tramitación das bolsas e axudas ao estudo mediante a fórmula de “traballo social” soubemos que a Universidade da Coruña contará con 5 traballadores subempregados aos que nin sequera realizará contrato laboral.

 

  • Noticias relacionadas

 

En concreto segundo o denunciado pola deputada do BNG, no caso concreto de Galiza, requiriu 7 traballadores desempregados. 5 para A Coruña e 2 para Santiago. Pídese un perfil de auxiliar administrativo.
 
No pasado mes de xullo o Ministerio de Educación enviou ao Programa de Becas das Universidades do Estado, unha carta para reforzar o persoal dedicado á xestión de bolsas. Sinala o Ministerio que o traballoso proceso de xestión de bolsas, e o feito de que a “actual crise económica faga prever un incremento no número de solicitudes, fará que as necesidades de persoal se vexan incrementadas”.
 
Segundo indica a parlamentaria na súa denuncia, en lugar de proceder á contratación laboral temporal necesaria, o Ministerio opta por “traballos en colaboración social”, é dicir, require persoas desempregadas que están cobrando o paro para facer esta tarefa. E deixa claro na misiva que “os traballos temporais de colaboración social non constitúen nunca relación laboral normal algunha, non existe contrato”.
 
Os Programas de colaboración social defínense como aqueles celebrados entre as Administracións Públicas e os perceptores de prestación ou subsidio de desemprego e que, entre outros requisitos, teñen que ser de utilidade social e redundar nun beneficio para a comunidade. Para as desempregadas/os é obrigatorio a súa ocupación (a negativa leva implícito a retirada da prestación) e só se garante o salario mínimo interprofesional.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript