Novembro de 2013
 
 

18/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  MÁIS PRIVATIZACIÓNS
 

Red.es privatiza o servizo de atención ao cliente

Un paso máis na privatización de servizos públicos básicos estatais: Red.es externaliza a atención ao cliente dos dominios .es a El Corte Inglés por valor de 547.117,66 euros.

 

  • Noticias relacionadas

A noticia dábaa a coñecer a xornalista Eva Belmonte no seu Twitter, onde se informaba da adxudicación pública dos servizos de atención ao usuario dos dominios .es por parte de Red.es a unha coñecida compañía, El Corte Inglés, por valor de 547.117,66 euros.
 
Esta licitación chama poderosamente a atención, pois prodúcese o mesmo día que coñeciamos a través do servizo de estatísticas de Red.es unha boa noticia para os usuarios do estado: o Estado Español alcanzou os 3,5 millóns de dominios .es
 
Esta cifra non corresponde, non obstante, coa noticia da privatización do servizo de atención ao cliente dos dominios . es. É chocante que Red.es, que na súa propia páxina web se declara como entidade pública, e que avoga porque "a sociedade española se beneficie ao máximo das posibilidades que ofrecen as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) ", inicie agora a privatización dun servizo tan importante.
 
Os datos que recolle o Boletín Oficial do Estado, polo que se fai pública a adxudicación da atención ao cliente a El Corte Inglés, son claros. Como comentabamos antes, o importe total da licitación pública ascende a 547.117,66 euros.
 
A data de formalización do contrato entre Red.es e El Corte Inglés é do 28 de outubro pasado, aínda que a adxudicación fose realizada vinte días antes. Os obxectivos que definen o anuncio da privatización dunha actividade importante para Red.es enúncianse de igual xeito no BOE nos seguintes termos:
 
O obxecto do contrato é a prestación dun servizo de atención a usuarios cidadáns/empresas (usuarios finais) e axentes rexistradores (canle de distribución) de Dominios ".es" para a resolución de eventos tipo consultas e incidencias, vía teléfono ou correo electrónico, a correcta xestión e supervisión destes, así como a mellora continua do servizo.
 
En definitiva, un belisquiño nada desprezable para unha empresa como El Corte Inglés, e un paso máis na privatización de servizos públicos básicos, tan de moda nos últimos tempos. Quedan por determinar os resultados da externalización da atención ao cliente dos dominios .es, pero de momento o Ministerio de Industria volveu apostar pola xestión privada, cun presuposto total de licitación de 755.810,52 euros.
 
Alt1040

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript