Novembro de 2013
 
 

18/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Os funcionarios/as de Xustiza cobrarán a extra de decembro de 2012 íntegra

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 10 de Sevilla decretou, por primeira vez dende que se produciron os recortes, que a retirada da paga extra de Nadal decretada polo Goberno en 2012 é "contraria a dereito" e obriga á Administración á súa devolución íntegra, segundo consta na sentenza que xuntamos.

 

Trátase da primeira vez na que un xulgado ordena a devolución íntegra desta paga extra. Ata agora, os xulgados tan só recoñeceran a parte proporcional que fora percibida ata o mes de xullo, cando entrou en vigor o decreto do Goberno.
 
A sentenza concirne neste caso aos 55.000 funcionarios da Administración de Xustiza no conxunto do Estado. As relacións laborais deste persoal están reguladas pola Lei Orgánica do Poder Xudicial, que o Goberno tivo que modificar para aplicar o recorte sobre as súas nóminas. Esta modificación legal produciuse o mesmo mes de decembro, cando a paga extra xa fora percibida integramente.
 
Polo tanto, tal e como destaca a sentenza, o Goberno simplemente "llégó tarde", polo que a minoración salarial é "contraria a derecho". "En resumen: se trata de una anómala e ilegal aplicación de las normas" "por parte de la Administración", destaca a sentenza.
 
Outra novidade importante da sentenza é que obriga á administración a abonar os intereses legais correspondentes da minoración salarial realizada, cousa que non establece, por exemplo, o Conflito Colectivo que afecta ao PAS laboral da Universidade da Coruña.

Sentenza

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript