Novembro de 2013
 
 

18/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  GALIZA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Recursos contra o recorte da paga extra de 2013

Os sindicatos maioritarios na Xunta de Galiza veñen de anunciar accións xudiciais contra os recortes na paga extra de 2013.

 

  • Noticias relacionadas

Persoal funcionario tomaron a iniciativa de presentar demandas individuais para reclamar posteriormente que os ditames sexan de xeral aplicación.
 
Persoal laboral, presentarán Conflito Colectivo tendo como fundamento o recorte que supón ao establecido na ADIC. artígo 12.3º da Lei 14/2006, de 28 de decembro que establece:
 
Retribucións do persoal
Artigo 12.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.
Un.-As retribucións íntegras do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non poderán experimentar no ano 2007 un incremento global superior ao 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2006, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.
 
Dous.-Con independencia do establecido no apartado anterior, as pagas extraordinarias dos funcionarios en servizo activo, aos que lles resulte aplicable o réxime retributivo da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, terán un importe, cada unha delas, dunha mensualidade do soldo, de trienios e do complemento de destino que perciba o funcionario.
 
As pagas extraordinarias do resto do persoal sometido a réxime administrativo e estatutario, en servizo activo, incorporarán unha porcentaxe da retribución complementaria que se perciba, equivalente ao complemento de destino, de maneira que alcance unha contía individual semellante á resultante por aplicación do disposto no parágrafo primeiro deste apartado para os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988. No caso de que o complemento de destino, ou concepto retributivo equivalente, se devengue en catorce mensualidades, a contía adicional, definida no parágrafo anterior, distribuirase entre esas mensualidades, de maneira que o incremento anual sexa igual ao experimentado polo resto de funcionarios.
 
Así mesmo, a masa salarial do persoal laboral experimentará o incremento necesario para facer posible a aplicación a este dunha contía anual equivalente á que resulte para os funcionarios públicos, de acordo co disposto nos parágrafos anteriores deste apartado.
 
Tres.-Adicionalmente ao previsto no apartado Un deste artigo, a masa salarial dos funcionarios en servizo activo aos que lles resulte aplicable o réxime retributivo da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, así como a do resto do persoal sometido a réxime administrativo e estatutario, experimentará un incremento do 1%, que se distribuirá na forma que se determine regulamentariamente, e que se destinará ao aumento do complemento específico, ou concepto adecuado, co obxecto de lograr, progresivamente en sucesivos exercicios, unha acomodación deses complementos que permita a súa percepción en catorce pagas ao ano, doce ordinarias e dúas adicionais nos meses de xuño e decembro.
 
Así mesmo, a masa salarial do persoal laboral experimentará o incremento necesario para facer posible a aplicación a este dunha contía anual equivalente á que resulte para os funcionarios públicos, de acordo co disposto no parágrafo anterior deste apartado.

 
Catro.-Para o cálculo dos límites aos que se refiren os apartados anteriores, aplicarase a porcentaxe sobre o gasto correspondente ao conxunto das retribucións devengadas polo persoal funcionario nos seguintes conceptos retributivos: retribucións básicas, complemento de destino, complemento específico e complemento de produtividade ou conceptos análogos; e a masa salarial correspondente ao persoal sometido á lexislación laboral definida no artigo 14 desta lei, sen computar para estes efectos os gastos de acción social.
 
Cinco.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores deberán axustarse ao establecido neste artigo, resultando inaplicables no caso contrario.
 
Seis.-O disposto nos apartados precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.
 
Sete.-Este artigo aplicaráselle ao persoal ao servizo de:
a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.
b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.
c) As universidades de Galicia.
d) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma.
e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript