Número 208- 18 de novembro de 2013
 
 

UNIVERSIDADE

Radon na UDC

    Como sabedes os servizos que albergaba a Casa do Francés trasladáronse debido a unha concentración máis alta do permitido de gas radon. Recibimos unha carta dun compañeiro que mostra a súa preocupación, tras coñecer o sucedido no SAPE e aproveitamos a súa misiva para manifestar a nosa opinión sobre o acontecido e a actitude da institución.

UNIVERSIDADE

    Por unha intervención da deputada Rosana Pérez (BNG), nunha pregunta realizada ao Ministerio de Educación para saber por que razón enviou unha circular ás Universidades para cubrir prazas laborais para xestionar a tramitación das bolsas e axudas ao estudo mediante a fórmula de “traballo social” soubemos que a Universidade da Coruña contará con 5 traballadores subempregados aos que nin sequera realizará contrato laboral.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 10 de Sevilla decretou, por primeira vez dende que se produciron os recortes, que a retirada da paga extra de Nadal decretada polo Goberno en 2012 é "contraria a dereito" e obriga á Administración á súa devolución íntegra, segundo consta na sentenza que xuntamos.

PRESTIGE

    Despois de once anos da traxedia, fíxose pública a sentenza do“Prestige”. A sentenza, grotesca onde as haxa, di que non hai culpables, e engade, para agrandar o escarnio, que se houbera alguén a quen castigar, ese sería o capitán Mangouras, talvez a única persoa corda no escenario daquel drama, por desobediencia grave ao non querer afastar o barco das costas galegas. Non se podían discutir as ordes dos ineptos, dos corruptos, dos irresponsables de caza en Romanía.

PENSIÓNS

    O pasado sábado 9 de novembro a CUT, en compaña da CXT e a CNT, saíu á rúa nas principais cidades galegas para protestar contra o espolio ás pensións dos nosos/as xubilados/as emigrantes que o actual goberno da Xunta, presidido por Feijoo, pretende levar adiante ao mesmo tempo que o goberno de Rajoy en Madrid vén de lle conceder unha escandalosa amnistía fiscal a moreas de defraudadores/as de clase alta que tiñan os cartos agochados en paraísos fiscais.

SANIDADE PÚBLICA

CRIMINALIZACIÓN DA PROTESTA CIDADÁ

    Tanto o Ministerio de Xustiza como o de Interior están levando a cabo modificacións lexislativas, no primeiro caso do Código Penal e, no segundo, coa introdución da chamada Lei de Protección da Seguridade Cidadá.

QUE DIMITAN!

    A OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) elaborou un informe sobre o estado da armazón política -o Goberno e partidos da oposición- dos seus países membros en Europa. E o Estado Español non sae especialmente ben parado

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Patricia, unha veciña do meu barrio (Hortaleza, en Madrid), acudiu hai un par de anos a unha convocatoria para paralizar o desafiuzamento dunha familia por parte da Empresa Municipal da Vivenda. Varias decenas de veciños intentaron sen éxito impedir o desafiuzamento: trala intervención da Policía Municipal, os cinco membros da familia (nai, avoa, tres fillos) remataron na rúa. Os veciños limitáronse a mostrar resistencia pasiva, sentado fronte ao portal, e foron arrastrados polos policías, como se ve neste vídeo ou neste outro.

    
  •   
 
 GALIZA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Os sindicatos maioritarios na Xunta de Galiza veñen de anunciar accións xudiciais contra os recortes na paga extra de 2013.
 GALIZA - ORZAMENTOS 2014
    O parlamento, cos únicos votos do PP, rexeitou unha proposición non de lei presentada polo BNG e apoiada polo resto dos grupos da oposición para que os presupostos do vindeiro ano recolleran as partidas necesarias para garantir a totalidade das retribucións dos empregados públicos incluída a totalidade das pagas extraordinarias.
 NUNCA MÁIS
    Miles de cidadáns saímos ás rúas de toda Galiza para, nunha nova maré de dignidade, rexeitar o ditame que deixa sen culpables políticos e, polo tanto, sen castigo o maior desastre ecolóxico de Europa.
 CONTRA A LOMCE
    O 20 de novembro, o Sindicato de Estudantes convoca unha nova folga xeral no ensino coincidindo coa segura aprobación, ese día, da Lei Wert no Senado.
 MÁIS PRIVATIZACIÓNS
    Un paso máis na privatización de servizos públicos básicos estatais: Red.es externaliza a atención ao cliente dos dominios .es a El Corte Inglés por valor de 547.117,66 euros.
 PARO
    Constitúe o feito impoñible do IRPF a obtención de renda polo contribuínte. Baixo o devandito presuposto legal, resulta conforme a Dereito a Consulta Vinculante (17.9.2013) da Dirección Xeral de Tributos que ratifica a suxeición das axudas de recualificación de persoas que esgotaron a prestación por desemprego (programa PREPARA).
 AQUÍ TAXAZO
    A partir de xaneiro de 2014, os franceses poderán acceder de forma totalmente gratuíta á Xustiza pois o seu goberno decidiu suprimir a taxa xudicial de 35 euros para as persoas físicas que o anterior Executivo conservador, presidido por Nicolas Sarkozy, impuxo por lei.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Mesa denuncia perante o Valedor a exclusión do galego nas actividades e campañas do Concello da Coruña.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      DESGUACE GRATIS TOTAL

       
        PARA O POBO NUNCA HAI XUSTIZA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript