Novembro de 2013
 
 

18/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

A sanidade pública galega irá á folga os días 9 e 10 de decembro

O día 7 de outubro os sindicatos médicos CESM-Galicia e Omega presentaron unha convocatoria de folga que na súa presentación xustificaban como segue.

 

  • Noticias relacionadas

'O noso presidente Nuñez Feijóo e o seu Goberno, coa maioría obtida nas urnas, con promesas que non está a cumprir, mantense alleo conscientemente á deterioración que está a sufrir a sanidade pública galega pola posta en práctica dunha política sanitaria errónea, con recortes indiscriminados nun piar fundamental como é a sanidade'
 
Segundo se publica na prensa nacional o luns día 18 máis sindicatos anunciarán o seu apoio á convocatoria de folga, agardamos que esta circunstancia implique que a convocatoria presentada, exclusivamente para o estamento médico, se amplíe ao resto de traballadoras e traballadores da sanidade pública galega.
 
Porque a calidade da sanidade cada día empeora, porque o futuro do sistema sanitario público está en perigo, porque a sanidade, se non o impedimos, pasará de ser un dereito a unha mercadoría que só poderá gozar quen teña diñeiro para pagala, contra os repagos, privatizacións... os traballadores e traballadoras da sanidade do noso sindicato tamén participaremos na folga.
 
Que aumente o número de organizacións sindicais que convocan, que participemos na mobilización os sindicatos de clase, asegura unha convocatoria máis unitaria que seguro repercutirá positivamente no seu contido e seguimento.

 
Convocatoria presentada

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript