Novembro de 2013
 
 

18/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  CONTRA A LOMCE
 

20N, nova folga estudantil

O 20 de novembro, o Sindicato de Estudantes convoca unha nova folga xeral no ensino coincidindo coa segura aprobación, ese día, da Lei Wert no Senado.

 

  • Noticias relacionadas

Envíannos un comunicado que reproducimos.
 
Sempre dixemos que non iamos parar ata chegar ata o final, ata derrotar ao Ministro Wert e botar atrás todos os ataques á escola pública. Pois ben, despois do éxito da Semana De Loita, con miles nas rúas, podemos e debemos volver á carga. A... loita é o único camiño!!! O 20 DE NOVEMBRO, FOLGA XERAL DE ESTUDANTES!!!
 
Non queremos ningúnha "reforma" da LOMCE ou "pactos" para descafeinar os ataques...ESIXIMOS A RETIRADA TOTAL DOS MESMOS!!!
 
Volvemos a insistir, ata que Wert non dimita e se retiren tódolos ataques, seguiremos nas rúas. Facemos tamén un chamamento á unidade ás organizacións de clase do profesorado e ao resto de organizacións estudantís de esquerdas, para golpear conxuntamente ao noso verdadeiro inimigo, a dereita, que pretender expulsar os fillos aos fillos dos traballadores do ensino. A nosa mellor arma, a unión da esquerda para defender a escola pública e derrotar ao Partido Popular...OBREIROS E ESTUDANTES, UNIDOS E ADIANTE!!! 20 DE NOVEMBRO, EPITAFIO DO MINISTRO WERT!!!
 
Convocatoria
Os traballadores de asteleiros de Ferrol uniranse, o día 20, ás mobilizacións estudantís

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript