18/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Prestige
Parece que neste país aos responsables destes crimes ecolóxicos, como aos responsables dos crimes financeiros, non só non se lles castiga, senón que se lles premia con ascensos. Mentres somos os cidadáns que pagamos as facturas.

Máis Prestige
Unha vez mais un xuíz dando unha patada no cu a todos os cidadáns do estado e sobre todo aos galegos. Qué estarán pensando os que estiveron a limpar o mar, os que perderon o seu modo de vida coa pesca, de tódolos xeitos, que sempre se vaian de rosiñas os poderosos, dá moito que pensar.

É posible outro Prestige
É posible outro Prestige, claro que é posible, non hai consecuencias para os que o provoquen, aquí "tó er mundo é gueno" e quen sofre as consecuencias... que se aguante! que para iso está "a xustiza", para favorecer ao que manda, porque para iso manda.

Prestige, a pseudoxustiza
A impunidade dos poderosos é a demostración de que seguimos estando (e agora, co neoliberalismo triunfante, máis que nunca) baixo a ditadura do capital. Agora que a pseudoxustiza española tráeseas: despois dunha instrución a paso de caracol e de acumular miles e miles de folios ,de quedar acreditado que o barco non reunía condicións para navegar, de que ía contra toda lóxica mandar remolcar o barco mar dentro como fixo o ínclito Álvarez Cascos... que armadores e autoridades incompetentes se vaian de rosiñas...

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript