Novembro de 2013
 
 

18/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  GALIZA - ORZAMENTOS 2014
 

O PP rexeita a proposta para que a Xunta pague as extras integramente

O parlamento, cos únicos votos do PP, rexeitou unha proposición non de lei presentada polo BNG e apoiada polo resto dos grupos da oposición para que os presupostos do vindeiro ano recolleran as partidas necesarias para garantir a totalidade das retribucións dos empregados públicos incluída a totalidade das pagas extraordinarias.

 

  • Noticias relacionadas

A deputada do BNG Tereixa Paz criticou na comisión primeira do Parlamento, durante o debate desta iniciativa, que os gobernos atacan os empregados públicos cando necesitan recortar e sinalou que a perda de poder adquisitivo nos últimos anos se sitúa nun 30%, segundo distintas organizacións.
 
Paz lamentou que este ano, malia que prometeu o contrario en campaña electoral, o presidente galego "xa deu un sablazo" aos empregados públicos ao non aboar integramente as súas pagas extra, algo que prevé facer de novo en 2014, polo que pediu que se modifique esta medida.
 
A deputada do PP Paula Prado afirmou que os empregados públicos cobrarán en 2014 igual que en 2013 e que farán menos esforzos que en 2012.
 
Prado reprochou á deputada nacionalista o seu "apoio" á política económica do PSOE que levou a España "ao absoluto desastre e case á banca rota", con rebaixas fiscais indiscriminadas no IRPF e medidas como o cheque bebé "para todos".
 
Afirmou que os empregados públicos "non" farán esforzos adicionais" e que recibirán "as mesmas pagas que antes da crise, cun esforzo progresivo en función da renda," ao que Paz lle replicou que estes empregados recibirán dúas pagas pero acernadas".
 
Tanto Xabier Ron (AGE) como Beatriz Sestayo (PSdeG), que apoiaron a proposta do BNG, lamentaron que a Xunta faga este "recorte" aos empregados públicos e cuestionaron se isto significa que Galicia non é tan solvente nin está tan saneada como di Núñez Feijóo.
 
El Correo Gallego

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript