Novembro de 2013
 
 

18/11/2013

   CUTUDC / Novidades

  QUE DIMITAN!
 

O Goberno do estado, o peor valorado polos seus cidadáns en Europa

A OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) elaborou un informe sobre o estado da armazón política -o Goberno e partidos da oposición- dos seus países membros en Europa. E o Estado Español non sae especialmente ben parado.

 

  • Noticias relacionadas

Na parte que corresponde á valoración que os cidadáns fan desa armazón política, o Estado Español aparece á cola; por detrás mesmo de Grecia, Italia ou Portugal. Dous destes países -Grecia e Portugal- tiveron que ser rescatados pola Troika dende o ano 2009 e impoñer os conseguintes programas de austeridade. E en Italia elevaron ao poder tres mandatarios distintos nos últimos dous anos.
 
Estas informacións, agrupadas nun informe chamado "Os Gobernos nunha ollada" coinciden con outras, tamén emitidas dende a OCDE, sobre os recortes aplicados no emprego público en varios países como elemento destacado dos seus plans de axuste durante a crise. A organización argumenta que estes recortes son dificilmente sostibles a longo prazo porque a poboación demanda servizos públicos.
 
"As reducións significativas no emprego público son difíciles de soster a longo prazo, xa que as demandas dos cidadáns crecen", consideran os autores deste segundo informe, chamado "Panorama das Administracións Públicas 2013". Tamén indican que aínda que moitos membros da OCDE aplicaron no período 2001-2011 (no que se fixa o estudo) recortes ou conxelacións de emprego no sector público, poucos poderán mantelos.
 
El boletín

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript